Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Igape porá en marcha novos obradoiros de dixitalización e innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Igape porá en marcha novos obradoiros de dixitalización e innovación

Redacción
Publicado: 27/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución de concesión dos obradoiros multidisciplinares de dixitalización, innovación, sustentabilidade e loxística avanzada convocados pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que permitirán pór en marcha 35 novos proxectos colaborativos en todo o territorio galego.
Este programa, dotado con máis de 630.000 euros, reforza o apoio da Xunta ao tecido empresarial na súa transición cara a modelos produtivos máis innovadores, dixitais e sostibles, impulsando o traballo en rede e a cooperación entre empresas e entidades.
As axudas, que cobren o 100% dos gastos subvencionables, están dirixidas a organismos intermedios de carácter empresarial (como clústeres, confederacións e asociacións sectoriais) que actúan como espazos de conexión entre pemes, grandes empresas, centros tecnolóxicos e administracións públicas. No conxunto dos proxectos aprobados participan máis de 200 empresas galegas, que colaborarán na identificación de retos e oportunidades nos ámbitos da innovación, a dixitalización, a economía circular e a loxística avanzada.
Entre as iniciativas apoiadas nesta edición figuran proxectos promovidos por entidades como CEAGA, Viratec, Dihgigal, Bioga, o Clúster TIC, o Clúster Alimentario de Galicia, a Confederación de Empresarios de Pontevedra ou o Clúster da Biomasa, entre outras. Estes obradoiros abordarán cuestións clave como o uso da intelixencia artificial na industria téxtil, a ciberseguridade no sector naval, a eficiencia enerxética, a trazabilidade mediante tecnoloxías RFID ou a valorización de materias primas como a la galega, entre outros exemplos.
O obxectivo é fortalecer a cooperación empresarial e impulsar proxectos conxuntos que poidan optar a futuros programas de apoio, consolidando un ecosistema baseado na innovación e no traballo colaborativo.
Desde a súa posta en marcha, o programa do Igape permitiu desenvolver máis de 190 obradoiros en Galicia, cun investimento global superior aos 3,4 millóns de euros, contribuíndo a que as empresas galegas incorporen novas tecnoloxías, procesos sostibles e melloras competitivas de alto impacto.
Con esta nova convocatoria, a Xunta reafirma o seu compromiso cunha industria galega innovadora, sostible e aberta ao mundo, que aposta pola dixitalización e a cooperación como motores de crecemento e modernización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?