Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC Galicia exhibe en Madrid o potencial innovador das tecnolóxicas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC Galicia exhibe en Madrid o potencial innovador das tecnolóxicas galegas

Redacción
Publicado: 29/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

clustertic_netshow_02.jpgO Clúster TIC Galicia participa por primeira vez en Tech Show Madrid, unha das principais citas tecnolóxicas do país, que se celebra hoxe e mañá en Ifema. A entidade busca potenciar a innovación con selo galego mediante un expositor propio na área Big Data & AI World, onde seis das súas empresas asociadas —2bedigital, CTL Spain, DataDefend Solutions, Ilux Visual Technologies, RCA Systems e ScanMeNow— presentan as súas solucións máis avanzadas en intelixencia artificial, ciberseguridade, realidade aumentada ou colaboración dixital.
A participación nesta feira enmárcase no labor do Clúster de promover e internacionalizar o sector tecnolóxico galego, facilitando que as empresas poidan exhibir os seus proxectos, establecer contactos comerciais e abrir novas vías de colaboración tanto no mercado estatal como no internacional. «Queremos visibilizar o talento e as solucións das nosas asociadas en feiras estratéxicas como o Tech Show Madrid ou GITEX Dubái, onde estivemos recentemente, co obxectivo de fortalecer o posicionamento de Galicia como referente en novas tecnoloxías e potenciar as alianzas con outros actores», sinala o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral.
clustertic_netshow_01.jpg Tech Show Madrid reúne nesta edición máis de 470 expositores, 350 relatores e unha previsión de 25.000 visitantes. No marco desta feira, ScanMeNow, con sede na Coruña e nacida como spin-off de Ilux Visual Technologies, presentará un sistema pioneiro de identidade dixital mediante avatares 3D hiperrealistas xerados con intelixencia artificial, capaces de replicar movementos e expresións humanas.
Pola súa banda, 2bedigital, axencia compostelá especializada en performance márketing e IA aplicada ao comercio electrónico, mostrará as súas solucións de realidade aumentada, como Click2Try, unha tecnoloxía que permite probar produtos virtualmente e personalizar a experiencia de compra.
DataDefend Solutions, consultora de ciberseguridade, dará a coñecer o seu servizo CISO as a Service e SOC 24/7, orientado á protección e cumprimento normativo das pemes. RCA Systems, con base na Coruña, exhibirá solucións de colaboración baseadas en Nextcloud Hub e servizos de aloxamento seguro en infraestruturas propias situadas en España.
Tamén estará presente CTL Spain, con sede en Vigo, un dos principais fabricantes internacionais de dispositivos ChromeOS, que presentará as súas Chromeboxes para sinalización dixital e sistemas de videoconferencia compatibles con Google Meet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?