Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O modelo de educación dixital de Galicia preséntase no SIMO
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O modelo de educación dixital de Galicia preséntase no SIMO

Redacción
Publicado: 29/10/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20251029simo2.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou hoxe o modelo referente de educación dixital de Galicia no Salón Internacional de Tecnoloxía e Innovación Educativa (SIMO), que se celebra en Madrid. Trátase dun sistema que definiu como «un híbrido no que se equilibra o valor contrastado que ofrece o analóxico e as infinitas posibilidades das novas tecnoloxías, que cómpre empregar con sentidiño», afirmou.
«A intelixencia artificial e os continuos avances tecnolóxicos supoñen un desafío constante para a nosa sociedade e, dentro dela, para a educación», explicou Román Rodríguez, reiterando «o compromiso da Xunta para darlle resposta a estes novos retos». Nese sentido, lembrou que Galicia se converterá o vindeiro ano na primeira comunidade autónoma en contar cunha Lei de educación dixital, unha normativa tamén inédita en Europa.
Nestes momentos o Goberno galego ten aberto un amplo proceso de participación con axentes da comunidade educativa e expertos para avanzar nos detalles da lei, que ten como finalidade regular os dereitos e deberes das familias, do alumnado e do profesorado neste ámbito.
A nova lexislación abordará cuestións como a adaptación do uso das tecnoloxías nas aulas á etapa educativa e ao grao de madurez dos estudantes, o establecemento de ferramentas para un uso responsable da intelixencia artificial ou a regulación dos horarios de comunicación en liña entre o profesorado, os centros, as familias e o alumnado. «En todos os casos buscamos poñer o benestar dos membros da comunidade educativa por diante e, de feito, este mesmo ano aprobaremos un plan específico de benestar dixital nas aulas», destacou o conselleiro, que estivo acompañado polo secretario xeral técnico, Manuel Vila, e pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.

Contidos
  • Expediente integrado
  • Máis dunha década de traballo
  • Stand propio para compartir boas prácticas

Expediente integrado

20251029simo4.jpgDe maneira paralela, a Xunta está a desenvolver o proxecto EdugalIA, que aplicará a intelixencia artificial á gobernanza do sistema educativo e permitirá xerar, por primeira vez, un expediente dixital integrado para cada alumno. Entre outros beneficios, posibilitará un seguimento personalizado para previr o abandono temperán, ademais de habilitar un espazo de comunicación áxil entre familias, centros e Xunta para asistencia e información personalizada.
EdugalIA é a primeira iniciativa educativa en conseguir captar fondos do proceso de Compra Pública Innovadora, un total de dez millóns de euros, aos que se sumarán 6,6 millóns achegados polo Goberno galego. A contratación do sistema sairá a concurso nos próximos meses.

Máis dunha década de traballo

O titular de Educación puxo en valor o labor desenvolvido en Galicia neste eido, coa incorporación do libro electrónico hai máis dunha década e o programa E-Dixgal, que combina materiais dixitais e en papel, recoñecido o pasado mes de setembro a nivel estatal coa primeira edición do premio do Observatorio Nacional de Educación Dixital (ONED).
Tamén destacou a posta en marcha, no marco da Estratexia de educación dixital 2030, de iniciativas como os Polos Creativos, a elaboración de recursos didácticos que combinan ciencia, tecnoloxía e creatividade a través de programas como Ágora Dixital ou Creagal, así como as diversas accións dixitais que se desenvolven nas bibliotecas escolares e a implantación de novas materias específicas como Educación Dixital, Intelixencia Artificial para a Sociedade ou Tecnoloxías Intelixentes.

Stand propio para compartir boas prácticas

20251029simo5.jpgA Xunta de Galicia conta cun espazo expositivo en SIMO no que os visitantes poden coñecer de preto as diferentes iniciativas que integran o modelo galego de ensino dixital. O stand está atendido por persoal da Consellería, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e do Centro de Innovación Educativa e Dixital.
Ademais, varios representantes da Consellería participan no programa de conferencias e mesas redondas do evento, centradas en temas como o benestar dixital, a presenza das pantallas nas aulas ou o papel da intelixencia artificial no desenvolvemento das competencias profesionais do profesorado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?