Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A V Liga Maker Drone convida a estudantes de toda Galicia a minimizaren accidentes laborais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A V Liga Maker Drone convida a estudantes de toda Galicia a minimizaren accidentes laborais

S. P.
Publicado: 30/10/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

liga_maker_drone_1_.jpgA Fundación Barrié e o centro tecnolóxico ITG (Instituto Tecnolóxico de Galicia) presentaron na mañá deste xoves 30 de outubro o reto ao que terán que enfrontarse os participantes da V Liga Maker Drone: deseñar e construír un sistema dron para levar a cabo tarefas de mantemento en altura que supoñen un risco para a vida das persoas.
Así, os preto de 180 estudantes de 2° da ESO de toda Galicia que participan nesta iniciativa abordarán unha problemática social real e de gran impacto: a prevención de accidentes laborais por caídas de altura.
Neste punto e para contextualizar o desafío, as dúas entidades organizadoras do certame lembran que dacordo coa Estatística de Accidentes de Traballo (EAT) do Ministerio de Traballo e Economía Social, “este tipo de sucesos ascenderon a máis de 27.000 en 2024 só en España, deixando case 80 falecidos e representando cerca do 20% dos accidentes de traballo graves no país”.
A resolución de problemas con impacto social mediante o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas é o fío condutor dos retos que a Liga Maker Drone expuxo aos participantes desde a súa primeira edición. O curso pasado, o desafío consistiu en transportar medicamentos a centros sanitarios situados en zonas de difícil acceso; o ano anterior, o obxectivo foi neutralizar niños de avespa velutina; e, nas dúas primeiras edicións, os equipos tiveron que recoller lixo marítimo e apagar incendios, respectivamente.
liga_maker_drone_2_.jpgA responsable da área de Educación e Ciencia da Fundación Barrié, Helena Bouza, e o responsable de I+D da división de drons de ITG, Jorge Seoane, foron os encargados de desvelar o reto e dar a benvida aos 18 equipos na xornada celebrada na mañá deste 30 de outubro no laboratorio de experimentación avanzada de ITG. No evento interviñeron tamén dous representantes do equipo Pegaso, a unidade da Garda Civil encargada de velar pola seguridade operacional do espazo aéreo.
Ademais, durante a mañá, o alumnado tomou contacto co mundo da enxeñería e as profesións STEM participando en obradoiros prácticos de robótica, programación, circuítos electrónicos, Realidade Virtual e pilotaxe de drons, así como nunha demostración do DroneFinder, o sistema de procura e localización de persoas desaparecidas desenvolvido polo centro tecnolóxico ITG.
“Unha final de altura”
Os participantes teñen case 7 meses por diante para poñer a proba o seu enxeño e a súa capacidade de traballo en equipo no desenvolvemento dun sistema dron que dea resposta ao reto hoxe exposto. As solucións serán avaliadas por un xurado experto na xornada de exhibición que se celebrará o 8 de maio de 2026 no Coliseum da Coruña. “Esta cita afiánzase ano tras ano como un dos eventos de referencia para a comunidade educativa galega e congregou ao longo das súas catro edicións a máis de 4.000 asistentes”, explicaron dende a organización, lembrando que tanto nas roldas eliminatorias como na rolda final, gañará o equipo que logre completar o reto no menor tempo posible. O xurado tamén outorgará novamente catro premios especiais: ao mellor deseño, a solución máis disruptiva, a destreza en voo e a mellor presentación.
A Liga Maker Drone é unha iniciativa coa que o centro tecnolóxico ITG e a Fundación Barrié pretenden fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade e facer que tomen conciencia da relevancia da tecnoloxía en aplicacións da vida diaria. Na última edición, a porcentaxe de alumnos interesados en orientar o seu futuro cara a disciplinas STEM pasou do 48 ao 62% tras a súa participación na competición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?