Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Culturgal baterá este ano récord de actividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Culturgal baterá este ano récord de actividade

S. P.
Publicado: 30/10/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

culturgal-11.jpgA organización de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia que se celebra desde 2007 na cidade de Pontevedra, avanzou os pratos fortes da súa 18ª edición, que se desenvolverá do 28 ao 30 de novembro no Pazo da Cultura da cidade do Lérez e para a que volve contar coa implicación da Xunta como principal entidade financiadora. A Feira das Culturas Galegas baterá este ano o seu récord de actividade, coa participación de arredor de 750 artistas e outros profesionais do sector nas 225 citas programadas entre espectáculos, proxeccións, adiantos de proxectos, obradoiros ou mesas redondas.
Na presentación participaron Víctor López, presidente da Asociación Culturgal, e Camilo Franco, director da feira, ademais de representantes do resto de entidades colaboradoras. Por parte da Xunta e nomeadamente da Consellería cultura acudiron o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.
Sutil destacou que Culturgal funciona non só como plataforma desde a que difundir os servizos e produtos de todos os ámbitos artísticos “feitos aquí e no noso idioma”, senón tamén como unha moi interesante oferta cultural e lúdica de concertos, representacións escénicas, proxeccións audiovisuais, sinaturas de libros ou coloquios, entre outras moitas actividades.
Lembrou que en 2025 a Consellería de Cultura contribúe con 90.000 euros ao desenvolvemento de Culturgal, incrementando nun 5,8% a súa achega do ano anterior e “mantendo así a progresiva tendencia á alza desta colaboración económica en consonancia co propio crecemento da feira”.
En canto á programación de actividades, a organización destacou o protagonismo que terá a música cos concertos de Uxía e de Óscar Ibáñez na apertura e peche da feira, respectivamente, ou o regreso de Magín Blanco á música para público adulto, que celebrará cunha actuación en directo e a presentación do libro Percorrido.
Outro dos pratos fortes sobre o escenario do Auditorio do Pazo da Cultura será o espectáculo que Xosé AntonioTouriñán creou en exclusiva para Culturgal, así como un novo ciclo de narrativa oral, no que profesionais da dirección, da realización e guionistas explicarán os seus próximos proxectos como se dun conto se tratase.
No apartado audiovisual, ademais da proxección dalgúns dos títulos máis destacados deste ano, adiantaranse traballos que chegarán ás pantallas proximamente, como a serie Pensión incompleta, que se gravará nas catro linguas oficiais do Estado.
O Centro Dramático Galego, Chévere, Talía Teatro, Bengala Teatro ou Morra o Conto serán algunhas das compañías que falarán das súas próximas producións en Culturgal, mentres que na sección literaria destaca o acto no que actrices e cantantes galegas lerán fragmentos da obra de Begoña Caamaño, á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026, así como as intervencións de Manuel Rivas, Suso de Toro ou a escritora vasca Oihane Amantegui, entre outras.
Entre as novidades de 2025 destaca tamén o festival de grupos infantís de escolas de teatro de toda Galicia, que será a mañá do sábado, mentres que na do domingo se celebrará unha nova edición do Ven e baila.
A organización desta edición volve corresponderlle á Asociación Culturgal, integrada na actualidade pola Asociación Galega de Editoras, Punto.gal, Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) e EspazoCoop.
Citas tecnolóxicas
O Culturgal será tamén un fervedoiro de actividades e presentacións tecnolóxicas. Por exemplo presentarase a competición FIRST LEGO League (programa educativo impulsado pola UDC que fomenta a vocación científico-tecnolóxica da rapazada), o videoxogo Hi-Score Science en galego (xogo gratuíto de preguntas e respostas para dispositivos móbiles que o CSIC e o Consello da Cultura Galega estrean na nosa lingua no Culturgal) ou a webserie de animación Bibopalula.
Tamén haberá sesións formativas e divulgativas sobre videoxogos (da man da Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos), sobre IA aplicada ao sector audiovisual ou sobre tecnoloxías intelixentes para a xestión do patrimonio cultural (a cargo de Julián Cerviño, director de AMTEGA, que presentará o proxecto Memoria Dixital de Galicia).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?