Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A última actualización de iOS permite tintar o Liquid Glass
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A última actualización de iOS permite tintar o Liquid Glass

Redacción
Publicado: 03/11/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

liquid_glass_tintado.jpgA actualización a iOS 26.1 xa está dispoñible para todos os usuarios de iPhone e inclúe unha das funcións máis comentadas da versión beta. Unha vez instalada, esta actualización permite dar ao efecto Liquid Glass un aspecto máis xeado e opaco, mellorando a lexibilidade dos textos. A opción para tinguir a pantalla que se mostra tras as notificacións e as barras de pestanas atópase no menú de Axustes, dentro de Pantalla e brillo, na sección Liquid Glass. Esta mesma función tamén chega con iPadOS 26.1 e macOS 26.1, publicados hoxe.
Desde que Apple presentou o deseño Liquid Glass previsto para as novas versións de iOS, a estética resultou polémica, por dar prioridade á estética fronte á usabilidade. A posibilidade de modificar a tonalidade destes sistemas operativos súmase así á crecente listaxe de opcións de accesibilidade e visibilidade que permiten personalizar o aspecto do Liquid Glass, desde o modo completamente transparente ata outro con maior contraste e opacidade.
Outra das novidades destacadas das versións 26.1 é para os usuarios de iPad. Quen botaba en falta Slide Over para a multitarefa pode respirar tranquilo: tras aparecer na beta do mes pasado, a función regresa. Moitos propietarios de iPad valoraban como Slide Over lles permitía xestionar o espazo na pantalla sen ter que reorganizar constantemente as xanelas. Agora volve adaptada ás capacidades actuais das tabletas, permitindo fixar unha xanela na parte superior da pantalla e agochala cando se desexe. Ademais, esa xanela pode redimensionarse e axustarse á proporción desexada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?