Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha un espazo web público de educación sanitaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha un espazo web público de educación sanitaria

Redacción
Publicado: 03/11/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

251103_pte_consello_reunion_dcs_03.jpgA Xunta dá un novo paso na súa estratexia de educación sanitaria coa activación das recomendacións integradas na historia clínica electrónica e coa posta en marcha dun portal público de educación en saúde que reúne contidos revisados e validados por especialistas do Servizo Galego de Saúde.
O Consello da Xunta foi informado hoxe polo departamento de Sanidade da ampliación das capacidades do proxecto Share, unha iniciativa pioneira en Europa que integra o coñecemento e a aprendizaxe dentro do sistema sanitario público galego.
A primeira destas novas funcións é a recomendación de contidos educativos desde a historia clínica electrónica, o que permite aos profesionais sanitarios recomendar e «prescribir» educación en saúde aos pacientes cun só clic a través de É-Saúde.
A segunda é o Espazo Share, un espazo web público de educación sanitaria que pon ao alcance de pacientes e persoas coidadoras materiais validados por profesionais da sanidade pública galega.
Antes da súa apertura á cidadanía, Share xa estaba consolidado como ferramenta formativa no ámbito profesional. Nos últimos dous anos ofreceu formación personalizada a máis de 45.000 profesionais do Servizo Galego de Saúde, nunha contorna dixital flexible, atractiva e dispoñible en todo momento, favorecendo a aprendizaxe continua.
espazo_share.jpg A través desta infraestrutura, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), dependente da Consellería de Sanidade, conseguiu ordenar e ampliar a formación sanitaria, con máis de 90 cursos de autoformación dispoñibles todo o ano e máis de 130.000 certificados anuais expedidos.
Co lanzamento das recomendacións de contidos a pacientes e do novo portal aberto á cidadanía, Share evoluciona cara a un ecosistema compartido de coñecemento no que profesionais, pacientes e comunidade participan dun mesmo espazo de aprendizaxe en saúde.
A iniciativa busca mellorar a eficiencia asistencial e o impacto social. A través de Share, o sistema sanitario público galego ofrece información homologada en momentos clave do proceso asistencial (antes dunha proba, ao axustar un tratamento ou ante un sinal de alerta), o que se traduce en menos repeticións de probas, menos consultas duplicadas e unha mellor comprensión das recomendacións médicas.
O profesional selecciona o contido desde a historia clínica electrónica, e o paciente recibe a recomendación a través de É-Saúde, con acceso directo desde o móbil ou o ordenador. Os materiais —vídeos, guías ou listas de verificación— son breves, claros e accesibles. O sistema rexistra o acceso e a finalización para avaliar o impacto e mellorar os procesos clínicos.
O novo espazo web público Espazo Share reúne contidos validados por especialistas en áreas como a prevención do cancro, saúde cardiovascular, saúde materno-infantil, envellecemento activo, xaqueca, TDAH, uso de inhaladores ou dor crónica. O catálogo actualizarase de forma continua en función das prioridades do sistema público de saúde.
As recomendacións integradas cumpren coas garantías de protección de datos e teñen carácter informativo, sen substituír a decisión clínica, pero serven de apoio e complemento á atención sanitaria. Ademais, todos os materiais elaboráronse con criterios de lectura fácil e en formatos multisoporte, para garantir a accesibilidade de toda a poboación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?