Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: San Xoán de Río avanza en capacitación tecnolóxica da man da Fundación Orange
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

San Xoán de Río avanza en capacitación tecnolóxica da man da Fundación Orange

Redacción
Publicado: 03/11/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

retoruraldigital_cursoonline_b.jpgA Fundación Orange impulsará a partir de novembro novos cursos de capacitación tecnolóxica no Concello de San Xoán de Río, dentro do programa Todo por Aprender: Reto Rural Digital. A iniciativa, enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, está financiada pola Unión Europea e coordinada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO).
O proxecto ten como obxectivo formar máis de 7.300 persoas en toda España en competencias dixitais básicas e avanzadas, con especial atención aos colectivos do entorno rural. No caso de San Xoán de Río, as accións formativas centraranse en mozos desempregados que busquen mellorar as súas oportunidades laborais e de aprendizaxe en intelixencia artificial, en persoas maiores interesadas en reforzar o uso seguro do teléfono intelixente e das aplicacións cotiás, e en veciños que desexen adquirir novas competencias dixitais.
Os cursos, de carácter gratuíto e presencial, desenvolveranse nas instalacións municipais do Centro de Teletraballo e do Salón de Plenos a partir de novembro. As inscricións poderán realizarse directamente no Concello, que anunciará proximamente as datas e prazas dispoñibles.
O director de Sustentabilidade e Fundacións de MasOrange, Daniel Morales, explicou que o programa busca «axudar a todas as persoas das pequenas poboacións da nosa España rural a superar as súas barreiras tecnolóxicas, fomentando a autonomía, a conexión e a confianza ante o descoñecido». Engadiu que a Fundación Orange pon ao servizo dos participantes a súa experiencia educativa e o seu compromiso coa transformación dixital, con contidos adaptados á realidade cotiá de cada colectivo e orientados a mellorar a calidade de vida e a empregabilidade.
Pola súa parte, o alcalde de San Xoán de Río, José Miguel Pérez Blecua, salientou que «seguimos loitando contra a fenda dixital e este tipo de formacións axudan a mellorar os servizos e a calidade de vida da xente que vivimos no rural».
orange_header-reto-rural-digital.jpg Esta acción é posible grazas á integración de San Xoán de Río na Rede Nacional de Pobos Acolledores, da que é o único municipio galego membro. Esta pertenza permítelle participar en proxectos innovadores que fortalecen a nova ruralidade e promoven a inclusión dixital. Con este programa, o concello dá un novo paso na súa estratexia de capacitación tecnolóxica e transformación dixital, consolidándose como un referente de innovación rural na provincia de Ourense.
O programa Reto Rural Digital ofrece itinerarios formativos adaptados a distintos niveis de coñecemento, combinando sesións básicas sobre uso do teléfono intelixente, seguridade dixital ou identificación de falsidades, con outras máis avanzadas dedicadas ao uso responsable da tecnoloxía, a identidade dixital e a aplicación práctica da intelixencia artificial. A Fundación Orange completará esta oferta con ata doce obradoiros temáticos sobre competencias dixitais cotiás (como banca en liña, redes sociais ou creación de contidos) e cun curso en liña titulado Activa o teu Plan IA para atopar traballo, destinado a mozos e persoas desempregadas que queiran mellorar a súa empregabilidade mediante a intelixencia artificial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?