Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coca-Cola estrea un anuncio de Nadal feito con IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Coca-Cola estrea un anuncio de Nadal feito con IA

Redacción
Publicado: 04/11/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cocacola_anuncio_nadal_2025_01.jpgCoca-Cola volve situarse no epicentro do debate sobre o uso da intelixencia artificial na industria creativa coa estrea do seu novo anuncio de Nadal para 2025, integramente producido con ferramentas de IA. A campaña, titulada Holidays Are Coming 2025, foi desenvolvida polo estudio de Los Ángeles Secret Level e presenta unha narrativa global protagonizada por animais antropomórficos e o icónico Papá Noel.
A decisión de repetir a fórmula do ano anterior, que xa xerara unha forte reacción negativa nas redes sociais e entre profesionais do sector, non foi casual. Segundo Pratik Thakar, vicepresidente global e responsable de IA xerativa en Coca-Cola, a compañía considera que a calidade técnica mellorou de forma substancial, e aínda que non se pode agradar a todo o mundo, o obxectivo é que a maioría dos consumidores reciban a proposta de forma positiva.
cocacola_anuncio_nadal_2025_02.jpg O anuncio, que mantén os elementos clásicos da marca como os camións vermellos e a música característica, prescinde esta vez de actores humanos, apostando por animais expresivos que, segundo os creadores, non se podían representar con fidelidade na versión anterior. Jason Zada, fundador de Secret Level, defende que o resultado é indistinguible dunha película animada tradicional e que o uso da IA permite escalar a produción mantendo os orzamentos, aínda que con equipos máis reducidos.
Porén, a resposta pública volveu ser intensa. Comentarios en redes como X acusan a empresa de contribuír á precarización laboral no sector creativo. fO guionista Alex Hirsch ironizou sobre a frase promocional «o xenio saíu da botella, e non o vas meter de volta» comparándoa cunha frase de despedimento en plenas festas. Outros usuarios criticaron a estética do vídeo, a falta de autenticidade e mesmo sinalaron semellanzas con personaxes de películas como Zootrópolis ou Sing!, considerando que estamos ante un roubo de arte.



Vídeo no que explican a creación do novo anuncio de Coca-Cola feito con IA

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?