Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Game Pass inclúe este mes o novo Call of Duty
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O Game Pass inclúe este mes o novo Call of Duty

Redacción
Publicado: 04/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xbox_gamepass_announcement_nov_2025_detalle.jpgXbox Game Pass reforza o seu catálogo este mes con títulos moi agardados, entre eles o novo Call of Duty: Black Ops 7, que chegará o 14 de novembro dispoñible dende o primeiro día para xogar en nube, consola e PC. Desenvólveno Treyarch e Raven Software e promete ser o Black Ops máis ambicioso ata o momento, cunha campaña cooperativa, 16 mapas multixogador 6×6, dous 20×20 e unha nova entrega do modo zombis ambientada no universo escuro do Dark Aether.
Antes, o 5 de novembro, desembarcan dous lanzamentos destacados. Dead Static Drive mestura terror, supervivencia e estética dos anos oitenta nunha viaxe pesadelo por unha América chea de horrores lovecraftianos. Ese mesmo día tamén se incorpora Sniper Elite: Resistance, centrado nunha guerra secreta na Francia ocupada, con opción de xogar toda a campaña en modo cooperativo.
O 6 de novembro será a quenda de dúas propostas ben distintas: Egging On, un título de plataformas protagonizado por un ovo que tenta escapar da granxa superando obstáculos, e Whiskerwood, un xogo de construción e xestión no que os xogadores deben crear unha comunidade de ratiños baixo o dominio dos seus señores felinos.
O día 7 chega Voidtrain, unha aventura interdimensional na que os xogadores deben explorar mundos estraños a bordo dun tren que se move polo baleiro, loitar contra criaturas misteriosas e ampliar o seu comboio.
O 11 de novembro será especialmente prolífico con catro incorporacións: Great God Grove, unha caótica aventura de deuses e puzles; Lara Croft and the Temple of Osiris, continuación cooperativa do clásico Guardian of Light; Pigeon Simulator, que transforma aos xogadores en pombas encargadas de combater ameazas paranormais en New Squawk City; e Relic Hunters Legend, un trepidante looter shooter cooperativo que combina acción, rol e exploración galáctica.
Finalmente, o 12 de novembro pechará o calendario Winter Burrow, unha proposta cálida e invernal que convida a encarnar un ratiño que regresa ao seu fogar de infancia para reconstruílo, facer amizades, confeccionar roupa e sobrevivir ao inverno.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?