Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia sitúase como referente en tecnoloxías cuánticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia sitúase como referente en tecnoloxías cuánticas

Redacción
Publicado: 05/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20251105resultadospcccuanticas_01.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou hoxe na xornada de presentación dos resultados científico-técnicos do Plan Complementario de Comunicacións Cuánticas en Galicia, celebrada na Universidade de Vigo. A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou o papel de Galicia como referente nacional e internacional en investigación e innovación en tecnoloxías cuánticas, «un posicionamento ao que ten contribuído a participación galega neste instrumento de colaboración entre comunidades autónomas para facer avanzar a I+D+i en áreas de interese estratéxico comúns».
Neste sentido, Cotelo salientou a contribución das tres universidades galegas e do Centro de Supercomputación de Galicia ao desenvolvemento das tecnoloxías cuánticas e ao reforzo da ciberseguridade en España, con fitos tan destacados como a despregadura do enlace de comunicación cuántica terrestre máis longo do país —e un dos máis extensos de Europa, con máis de 120 quilómetros de distancia— entre Vigo e Santiago. Esta liña, inaugurada hai un mes, permitirá establecer comunicacións ultra seguras e prevese ampliala a outros puntos da rede galega de investigación e á infraestrutura europea.
20251105resultadospcccuanticas_02.jpg Xunto con esta conexión, o investimento de 9,6 millóns de euros procedentes de fondos europeos e de recursos propios da Xunta de Galicia permitiu tamén crear e equipar tres laboratorios experimentais en tecnoloxías de comunicacións cuánticas, así como unha estación óptica terrestre para comunicacións cuánticas vía satélite, que posibilitará a conexión coas principais misións europeas e internacionais de satélites cuánticos. A participación neste programa fixo posible ademais a contratación de 25 investigadores altamente cualificados, a publicación de 60 artigos en revistas científicas e a captación de 10 millóns de euros de financiamento adicional.
As tecnoloxías cuánticas constitúen un ámbito estratéxico para Galicia, tal e como se recolle no Plan galego de investigación e innovación 25-27, polo seu potencial transformador sobre a economía e o avance da I+D+i. Por este motivo, a Xunta de Galicia vén apostando por elas desde 2021 a través da iniciativa do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, coa finalidade de situar a Comunidade como referente neste eido cara ao horizonte de 2030.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?