Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google Maps integra Gemini para ofrecer unha mellor navegación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google Maps integra Gemini para ofrecer unha mellor navegación

Redacción
Publicado: 05/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gemini_google_map-hero_1.jpgGoogle presentou unha importante actualización de Maps que incorpora o seu asistente de intelixencia artificial Gemini, co obxectivo de facer a navegación máis fluída, práctica e segura. A compañía describe a nova experiencia como «ter un amigo no asento do copiloto» que axuda a chegar ao destino e a realizar diversas tarefas sen levantar as mans do volante.
A principal novidade é o primeiro modo de condución con mans libres e asistente conversacional, dispoñible tanto en Android coma en iOS. A través da voz, o usuario poderá buscar lugares na ruta, comprobar puntos de carga para vehículos eléctricos ou compartir a súa hora estimada de chegada sen tocar o móbil. Ademais, Gemini permite encadear accións complexas, como preguntar por restaurantes con opcións vexetarianas e logo engadir un evento ao calendario co permiso do usuario.
Outra mellora destacada é a posibilidade de informar incidentes de tráfico mediante comandos de voz como «vin un accidente» ou «parece que hai unha inundación adiante». Estas funcións chegarán nas vindeiras semanas a todos os países onde Gemini estea dispoñible, e tamén a Android Auto.
A navegación con puntos de referencia reais é outra das innovacións que simplifican as indicacións. En lugar de mensaxes imprecisas como «xire á dereita a 150 metros», o sistema poderá dicir «xire á dereita despois do restaurante Thai Siam», amosando o local no mapa. Para iso, Gemini analiza datos de máis de 250 millóns de lugares e imaxes de Street View, garantindo unha orientación máis precisa. Esta función xa comezou a chegar a Android e iOS nos Estados Unidos.
Tamén se engaden alertas proactivas de tráfico, que avisarán de retencións ou peches de estrada mesmo cando non se estea en modo navegación, dispoñibles de momento en Android nos EE.UU.
Por último, Google Maps incorpora Lens con Gemini, unha ferramenta que permite descubrir información sobre o que se ve a través da cámara. O usuario pode apuntar o teléfono cara a un restaurante ou tenda e preguntar cousas como «que lugar é este e por que é popular?» ou «que ambiente hai dentro?». A función empezará a despregarse a finais deste mes en Android e iOS nos Estados Unidos.
Con esta integración, Google busca que Maps se converta nun asistente de condución e exploración máis completo, combinando o coñecemento global da plataforma coa potencia conversacional de Gemini.


Exemplo da integración de Gemini en Google Maps

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?