Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lorenzana lembra que está aberta unha liña de axudas para servizos de ciberseguridade en empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lorenzana lembra que está aberta unha liña de axudas para servizos de ciberseguridade en empresas

Redacción
Publicado: 06/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

06112025_lorenzanacibergal.jpgA conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na apertura da segunda xornada do V Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, onde lembrou que ata o vindeiro 10 de decembro continúa aberto o prazo para solicitar as novas axudas da Xunta destinadas a servizos de ciberseguridade en empresas. Estas subvencións, dotadas cun orzamento de 1,5 millóns de euros, contan xa con 22 provedores tecnolóxicos homologados e permiten financiar ata o 75 % do custo dos servizos contratados, cun máximo de 30.000 euros por beneficiario.
Lorenzana explicou que a finalidade destas axudas é facilitar que as compañías galegas poidan avaliar riscos e dispoñer de solucións especializadas para operar con seguridade en contornos dixitais. «Trátase de que dispoñan de servizos especializados para operar con seguridade en contornos dixitais», subliñou.
A titular de Economía lembrou que, segundo a última enquisa do INE sobre o uso das TIC e o comercio electrónico, as empresas galegas incrementaron o seu gasto en ciberseguridade un 23 %, ata acadar os 126 millóns de euros, unha porcentaxe case o dobre da media estatal. Tamén destacou o avance no uso da intelixencia artificial, que medrou un 51 % no último ano e xa é empregada polo 15,7 % das empresas.
06112025_lorenzanacibergal1.jpg Neste contexto, Lorenzana salientou que o obxectivo da Xunta é consolidar esta tendencia mediante novas liñas de apoio, como as de ciberseguridade e intelixencia artificial (IA360). «A maior oportunidade que teñen as empresas para gañar en tamaño e produtividade é ir, pouco a pouco, incorporando aos seus procesos a intelixencia artificial, a dixitalización e a innovación», afirmou, incidindo na importancia de que as administracións apoien especialmente ás pequenas empresas.
A conselleira concluíu lembrando que a información e os datos constitúen un dos activos máis valiosos para o tecido produtivo, xa que sustentan a produtividade, a eficiencia e a toma de decisións estratéxicas. Por iso, considerou a ciberseguridade «imprescindible para a competitividade» e adiantou que a innovación e a dixitalización seguirán ocupando un lugar central nas políticas da Xunta de apoio empresarial, cun investimento total previsto de 47 millóns de euros para o vindeiro ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?