Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus Noroeste da UNED presenta un ciclo gratuíto de conferencias de IA en contornas locais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus Noroeste da UNED presenta un ciclo gratuíto de conferencias de IA en contornas locais

S. P.
Publicado: 10/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

intelixencia_artificial_ia_ai.jpgO Campus Noroeste da UNED, que engloba aos centros de Galicia, Asturias, Castela e León así como Estremadura, ofrece, do 13 de novembro de 2025 ao 14 de xaneiro de 2026 o curso Intelixencia Artificial e Sociedade: Deseño, Ética e Aplicacións na Contorna Local. Este curso exponse como unha experiencia descentralizada, colaborativa e viva entre os centros do Campus Noroeste da UNED, co obxectivo de mostrar como se aplica e proxecta a IA en distintas contornas locais.
Cada sede participante será protagonista, achegando a súa ollada, a súa realidade territorial e o seu relator, “xerando unha narrativa plural e coherente”, informou o Campus, engadindo que “esta actividade non é para aprender IA desde cero de forma técnica, é unha experiencia colectiva de exploración aplicada e crítica, que busca conectar coñecemento, territorio e futuro”.
Este ciclo de conferencias gratuíto poderá seguirse de modo presencial en cada un dos centros que ofrecen os relatorios ou ben en liña, en directo ou en diferido. Para isto último é necesario inscribirse en liña, sempre gratuitamente. Participan os centros da UNED na Coruña, Asturias, Lugo, Ourense, Ponferrada, Pontevedra e Segovia.
O programa será o seguinte:
Xoves, 13 de novembro de 2025
19.00-19.15 h. Presentación do curso, con Víctor M. González Sánchez, director do Campus Noroeste da UNED e Mª Dolores Reina Paz, secretaria do Campus NO e Directora UNED Segovia.
19.15-21.00 h. Un percorrido práctico desde o I+D+i á súa aplicación: IA e robótica humanoide, desde UNED Segovia. O relator será Juan Antonio Rodríguez Sonlleva, CEO Axertia.
Martes, 18 de novembro de 2025
19.00-21.00 h. IA no negocio, desde UNED Lugo, coa presenza de Lara Neira González, CEO de Nigal.
Xoves, 20 de novembro de 2025
19.00-21.00 h. Casos prácticos de aplicacións da IA en procesos de elaboración de lousa natural, desde UNED Ourense. O relator será José Luis Folla Castiñeiras Director industrial de Cupa Lousas.
Venres, 21 de novembro de 2025
19.00-21.00 h. Intelixencia artificial e Sociedade: Realidade Empresarial, Regulación e Boas Prácticas na Coruña e a súa contorna, desde UNED Coruña, con Ergin Kamberov Pose, CEO de Embermind Technologies. Enxeñeiro en Robótica.
Martes, 25 de novembro de 2025
19.00-21.00 h. Optimización dun sistema enerxético mediante Aprendizaxe por Reforzo, desde UNED Asturias. Falará Beatriz de Otto López, doutora en Economía e científica de datos en The Next Pangea.
Xoves, 11 de decembro de 2025
19.00-21.00 h. Melloras en Accesibilidade do Repositorio da UNED baseadas en IA. Desde UNED Ponferrada. Con Marta Vázquez González, coordinadora tecnolóxica de IA en desenvolvemento de aplicacións.
Mércores, 14 de xaneiro de 2026
18.00-20.00 h. Innovación e actualidade na IA, desde UNED Pontevedra. O relator será Javier Martínez Torres, profesor titular da Universidade de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?