Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O futuro CECIGA contará con laboratorios e centros demostradores en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O futuro CECIGA contará con laboratorios e centros demostradores en ciberseguridade

Redacción
Publicado: 10/11/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ceciga_03.jpgA Xunta porá en marcha a principios de 2026 os laboratorios e centros demostradores en ciberseguridade do futuro Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA). A actividade inicial destes espazos, que se desenvolverá na Cidade da Cultura mentres avanza a construción do centro definitivo, centrarase na prestación de servizos avanzados en ciberseguridade, no apoio ao cumprimento normativo, na realización de probas de produtos e servizos, no impulso á creación de solucións innovadoras e na formación especializada.
Así o adiantaron responsables da AMTEGA durante o V Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, onde explicaron que a Xunta contará cun laboratorio con dous espazos diferenciados. O primeiro será un laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade destinado a produtos con elementos dixitais, cunha carteira de servizos específica, e o segundo, un laboratorio e centro demostrador especializado en ciberseguridade industrial, tamén con servizos propios.

Contidos
  • Rede de laboratorios
  • Centro transrexional

Rede de laboratorios

Ademais, estes centros coordinarán a rede galega de laboratorios en ciberseguridade aplicada ao transporte intelixente e ao espazo aéreo de vehículos non tripulados. Nesta rede participan o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), a Universidade de Vigo (UVigo), o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).
O traballo conxunto desta rede permitirá situar Galicia á vangarda en ámbitos como a seguridade aérea de vehículos non tripulados ou a fiabilidade e protección dos vehículos autónomos terrestres e das comunicacións 5G e 6G.
O ITG será o encargado de deseñar e fabricar un laboratorio móbil avanzado para auditorías de ciberseguridade no espazo aéreo de vehículos non tripulados (UAS) e de desenvolver software para a detección de ciberameazas, caracterización e simulación de riscos neste ámbito.
Pola súa banda, a Universidade de Vigo e o CTAG crearán un laboratorio demostrador conxunto arredor das tecnoloxías do Shuttle conectado (vehículo lanzadeira eléctrico e autónomo) para realizar simulacións e análises de ameazas de ciberseguridade nas comunicacións entre vehículos e infraestruturas.
Gradiant impulsará a creación dun laboratorio especializado na validación de compoñentes dunha rede 5G e na avaliación dos riscos de ciberseguridade asociados a aplicacións e servizos no ámbito do transporte intelixente, ademais de poñer en marcha un laboratorio de ciberseguridade industrial.

Centro transrexional

Esta rede de laboratorios intégrase no proxecto dun centro transrexional de innovación e competencia en ciberseguridade no que, xunto con Galicia, participan Cataluña e a Comunidade Valenciana. A iniciativa enmárcase no Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH), cun orzamento total de 58 millóns de euros, dos que preto de 19 millóns corresponden a Galicia. O financiamento procede nun 75% do programa RETECH e o 25% restante é achegado polas comunidades autónomas participantes.
RETECH é unha iniciativa impulsada pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial desde agosto de 2022, a través dunha convocatoria pública, e aprobada en decembro dese mesmo ano. O programa conta con fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?