Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta amosa en Copenhague as capacidades de Galicia en tecnoloxías cuánticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta amosa en Copenhague as capacidades de Galicia en tecnoloxías cuánticas

Redacción
Publicado: 11/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20251111xornadacuanticacopenhague.jpgA Xunta de Galicia participa esta semana na Conferencia Europea de Tecnoloxías Cuánticas, que se celebra en Copenhague (Dinamarca). A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP dispón dun expositor para dar a coñecer a Rede galega de tecnoloxías cuánticas, integrada por máis dunha decena de entidades galegas que lideran o desenvolvemento destas solucións en campos como a computación, as comunicacións ou a sensórica.
Entre os avances máis destacados que se presentan figura a nova liña terrestre de comunicación cuántica recentemente completada, que une Santiago de Compostela con Vigo e se converte na máis longa de España. Cunha extensión superior aos 120 quilómetros, esta infraestrutura permite un fluxo de comunicación ultraseguro e está chamada a conectarse co resto da Unión Europea como parte da nova rede continental EUROQCI.
O evento, organizado con motivo da Presidencia de Dinamarca do Consello da Unión Europea e que reúne arredor dun milleiro de participantes, congrega os principais actores do ecosistema cuántico europeo e internacional, desde representantes políticos ata investigadores e empresas de todo o mundo. A cita serve para establecer novas colaboracións, asistir a conferencias especializadas e coñecer os últimos avances e aplicacións neste ámbito tecnolóxico.

Maior proxección exterior

A presenza galega en Copenhague enmárcase na dobre aposta da Xunta polas tecnoloxías cuánticas. Por unha banda, Galicia conta cunha traxectoria consolidada neste campo e un notable potencial competitivo a nivel internacional; e, pola outra, o Goberno autonómico busca reforzar a proxección exterior do ecosistema galego, poñendo en valor tanto as súas infraestruturas como o talento existente.
No expositor galego dáse a coñecer o traballo desenvolvido no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, un hub que agrupa 14 entidades: a Xunta de Galicia, o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), as tres universidades públicas galegas (Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña), Dihgigal, DataLife, os centros tecnolóxicos Gradiant, ITG, Aimen e CTAG, a Asociación Centro de Tecnoloxías Fotónicas (Aephos), o Clúster TIC e Fujitsu.
Esta acción forma parte do proxecto QUORUM: Construíndo ecosistemas de impacto en cuántica, no que participan a Axencia Galega de Innovación (Gain), Gradiant, o Cesga e FSAS Technologies (Fujitsu), xunto con outras entidades españolas. O proxecto está financiado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e conta con fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A participación galega nesta cita coincide co Ano Internacional da Ciencia e da Tecnoloxía Cuántica, declarado polas Nacións Unidas e patrocinado, entre outras entidades, pola Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?