Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destinará 1,3 millóns de euros á presenza en liña do Sergas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta destinará 1,3 millóns de euros á presenza en liña do Sergas

Redacción
Publicado: 11/11/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

251111_pte_consello_reunion_dcs_05.jpgA Xunta autoriza un investimento de 1,3 millóns de euros para garantir o funcionamento das plataformas tecnolóxicas e a xestión de contidos dos portais web, intranets, redes sociais e aplicacións do Servizo Galego de Saúde.
Entre os portais que xestiona o departamento sanitario galego atópanse a propia web do Sergas, o Observatorio de Saúde Pública ou Xenoma Galicia. Tamén se inclúen as canles complementarias empregadas pola cidadanía, os usuarios e os profesionais do sistema público de saúde.
O Consello da Xunta aprobou hoxe a contratación destes servizos, que inclúen a xestión de proxecto, soporte técnico, consultoría de comunicación e mantemento de contidos. O contrato ten un prazo inicial de doce meses, prorrogable ata catro anos máis, o que elevaría o investimento total ata os 4,6 millóns. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do programa Feder Galicia 2021-2027.
Os portais da Consellería de Sanidade rexistraron máis de 16 millóns de visitas o último ano, e os orientados a profesionais superaron os 13 millóns. En conxunto, reúnen máis de 300.000 páxinas e 85.000 documentos, ademais de 500 espazos de colaboración interna que acumulan máis de dous millóns de accesos.
Dada a súa relevancia, o Sergas manterá un servizo de soporte continuo, as 24 horas os sete días da semana, para garantir a actualización permanente dos contidos e o lanzamento de novos portais, espazos colaborativos e redes sociais.
A Consellería lembra que a presenza na Internet é hoxe un elemento esencial de comunicación, tanto cara á cidadanía, profesionais e provedores como dentro da propia organización. Así, as aplicacións e servizos dixitais deberán contar con políticas de uso e seguridade adaptadas a cada tipo de usuario, sendo accesibles desde o exterior no caso dos cidadáns e desde o interior cando se trate de ferramentas de uso interno.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?