Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia intensifica a colaboración con Cataluña para potenciar as dúas únicas fábricas de IA de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia intensifica a colaboración con Cataluña para potenciar as dúas únicas fábricas de IA de España

Redacción
Publicado: 13/11/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20251113cuanticacataluna1.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, desprazouse hoxe a Barcelona para participar nunha xornada de traballo centrada na I+D+i, co propósito de intercambiar experiencias entre ambas comunidades autónomas e favorecer novas sinerxías e colaboracións. No marco desta visita, o representante do Goberno galego achegouse ao Barcelona Supercomputing Center (BSC), centro que, xunto co CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), será unha das institucións que acolla unha das 19 novas fábricas europeas de intelixencia artificial, situando España entre os tres únicos países que disporán de dúas factorías deste tipo.
A viaxe do conselleiro ten como obxectivo coñecer en detalle o modelo catalán, manter o intercambio de estratexias nesta área e explorar posibles vías de colaboración, tanto no ámbito administrativo como na interacción entre sistemas de investigación. A iniciativa dá continuidade á visita realizada a Galicia en outubro pola conselleira de Investigación e Universidades da Generalitat, Núria Montserrat.
20251113cuanticacataluna8.jpg Durante o encontro, o representante da Xunta trasladou o seu agradecemento á súa homóloga catalá e destacou o traballo desenvolvido pola Generalitat en materia de I+D+i. “É importante coñecer outros modelos, supón un reforzo para mellorar as nosas políticas públicas”, afirmou Román Rodríguez, quen cualificou a reunión como “unha oportunidade para establecer colaboracións, especialmente na computación cuántica e a intelixencia artificial”.
Na visita, o conselleiro estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo; polo director científico do CESGA, Lois Orosa; e polo responsable do equipo de Cuántica do CESGA, Andrés Gómez Tato.
Galicia e Cataluña son, a día de hoxe, as únicas comunidades autónomas españolas que contarán con fábricas de IA, o que evidencia o impulso que ambas están a dar ás tecnoloxías profundas. “É un fito que debemos aproveitar e estreitar as nosas colaboracións”, indicou Román Rodríguez, quen lembrou que a cooperación entre o BSC e o CESGA xa existe a través da Rede Española de Supercomputación e que se verá reforzada coas novas factorías europeas.

Plan Complementario de Comunicacións Cuánticas

20251113cuanticacataluna4.jpgO conselleiro galego participa tamén este xoves na presentación dos resultados científico-técnicos do Plan Complementario de Comunicacións Cuánticas a nivel estatal, un ámbito no que Galicia se consolida como referente nacional e internacional. Esta área constitúe un dos eixes estratéxicos para a Comunidade, segundo recolle o Plan galego de investigación e innovación 2025-27, polo seu elevado potencial transformador tanto na economía como no avance da I+G+i.
No caso galego, as tres universidades públicas e o CESGA colaboraron no desenvolvemento de tecnoloxías cuánticas e no fortalecemento da ciberseguridade en España, logrando fitos destacados como a despregadura da liña de comunicación cuántica terrestre máis longa do país (e unha das principais de Europa), que supera os 120 quilómetros entre Vigo e Santiago de Compostela.
Ademais, o conselleiro aproveitou a súa estadía en Cataluña para asistir á xornada Cataluña mira ao ceo, vinculada ao eclipse que terá lugar o próximo mes de agosto e concibida como unha oportunidade para promover a divulgación científica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?