Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Congreso avala a Lei de Servizos de Atención á Clientela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Congreso avala a Lei de Servizos de Atención á Clientela

Redacción
Publicado: 14/11/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

O Congreso dos Deputados deu luz verde á nova Lei de Servizos de Atención á Clientela promovida polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, un paso considerado histórico na defensa dos dereitos das persoas consumidoras ao establecer por primeira vez un marco legal específico para regular a atención ao cliente e fixar estándares de calidade que impidan prácticas abusivas.
A norma incorpora medidas como o fin das chamadas coñecidas como spam, a prohibición dos gastos de xestión ocultos, o control das críticas falsas e a eliminación das renovacións de contratos non consentidas. Tamén marca novas esixencias para unha atención telefónica gratuíta, rápida e personalizada, ao tempo que define con claridade as obrigas das empresas en materia de transparencia e respecto ao consumidor.
Durante o debate parlamentario, Pablo Bustinduy destacou que «as persoas consumidoras merecen ter servizos de atención xusta e personalizada establecidos por lei» e subliñou que «non se trata unicamente dunha norma técnica, senón dun paso cara a un modelo de consumo máis xusto, responsable e humano». Tras o seu paso polo Congreso, a lei continuará a tramitación no Senado antes de regresar á Cámara Baixa para a súa aprobación definitiva.
A partir da entrada en vigor da norma, as empresas deberán empregar prefixos numéricos específicos para identificar tanto as chamadas comerciais como as de atención ao cliente. As operadoras bloquearán todas aquelas chamadas que non utilicen estes códigos, co obxectivo de evitar o bombardeo telefónico non desexado. Ademais, declararanse nulos os contratos pechados a través de chamadas non consentidas para impedir presións indebidas.
Outro dos cambios relevantes é a obriga de mostrar desde o inicio o prezo completo dun produto ou servizo, incluíndo os gastos de xestión e calquera outra repercusión económica para o comprador, evitando así que o importe final aumente por conceptos engadidos no último momento. En paralelo, a norma garante que os consumidores poidan coñecer os parámetros cos que se personalizan prezos e publicidade en plataformas dixitais, facendo os algoritmos máis transparentes e impedindo prácticas discriminatorias.
A atención telefónica tamén deberá mellorar de forma notable. As empresas non poderán empregar números de tarificación adicional, estarán obrigadas a atender o 95% das chamadas nun prazo inferior a tres minutos e non poderán depender en exclusiva de contestadores automáticos ou sistemas de intelixencia artificial. O cliente poderá solicitar en calquera momento falar cun operador e as reclamacións deberán resolverse nun máximo de quince días, que se reducen a cinco no caso de cobros indebidos.
A lei reforza ademais os dereitos lingüísticos nas comunidades con linguas cooficiais, obrigando as grandes empresas (máis de 250 empregados e máis de cincuenta millóns de euros de facturación) a permitir consultas, queixas e reclamacións tanto en castelán como na lingua propia do territorio. Tamén se esixe garantir a accesibilidade para persoas vulnerables, como aquelas con discapacidade ou idade avanzada.
No relativo ás críticas falsas, prohíbese a súa compravenda e establécese que só poderán publicarse dentro dos trinta días posteriores á adquisición dun ben ou servizo. Ademais, as empresas poderán solicitar a retirada dunha crítica cando acrediten que o seu autor non realizou a compra ou que o contido é falso.
Por último, a lei pon fin ás renovacións automáticas non consentidas: as empresas deberán avisar con quince días de antelación da data de renovación dos contratos asinados por vía dixital e facilitar a baixa voluntaria, garantindo que as persoas consumidoras poidan decidir con tempo se queren continuar vinculadas ao servizo.
A nova normativa aspira así a mellorar de maneira significativa a relación entre empresas e clientela e a consolidar un modelo de consumo máis transparente, claro e respectuoso cos dereitos da cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?