Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple acelera a carreira pola sucesión de Tim Cook
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple acelera a carreira pola sucesión de Tim Cook

Redacción
Publicado: 17/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apple-fifth-avenue-new-york-tim-cook-with-customers-and-team-members-240920.jpgApple iniciou unha nova etapa na súa planificación interna ao intensificar os preparativos para a sucesión de Tim Cook, que podería deixar o posto de conselleiro delegado xa o próximo ano. Segundo fontes coñecedoras das deliberacións do consello de administración e da alta dirección (consultadas polo Financial Times), a compañía considera que o momento é propicio para activar a remuda leva preparando desde hai tempo, coincidindo cun dos períodos de maior estabilidade financeira da empresa.
O nome que soa con máis forza é o de John Ternus, vicepresidente sénior de enxeñaría de hardware, que conta cun amplo respaldo interno e é visto como o candidato natural para tomar o mando. Con todo, non hai decisións pechadas e o calendario podería variar, segundo apuntan as mesmas fontes. A transición non estaría ligada ao rendemento recente da compañía, que afronta un fin de ano previsiblemente moi forte nas vendas do iPhone.
Apple, que evitou facer comentarios, non prevé anunciar un novo conselleiro delegado antes da presentación de resultados de finais de xaneiro, correspondente á tempada de Nadal. Unha comunicación a comezos de ano permitiría ao novo equipo directivo adaptarse con tempo suficiente de cara aos eventos clave: a conferencia para desenvolvedores de xuño e o tradicional lanzamento do iPhone en setembro.
Tim Cook, que vén de cumprir 65 anos, asumiu o liderado de Apple en 2011 tras a marcha de Steve Jobs, e desde entón guiou a compañía ata converterse nun xigante valorado en arredor de catro billóns de dólares. A pesar de que as accións da empresa se moven preto de máximos históricos, ao longo do presente ano tivo momentos nos que quedou por detrás de Alphabet, nVIDIA e Microsoft, impulsadas pola euforia arredor da intelixencia artificial.
O grupo vive tamén un tempo de renovación interna. Luca Maestri, director financeiro e colaborador moi próximo a Cook, deixou o seu cargo a comezos deste ano, mentres que Jeff Williams, director de operacións e un dos seus protexidos, anunciou a súa saída en xullo. A elección de Ternus situaría de novo un perfil ligado ao hardware ao fronte da empresa nun momento no que Apple busca abrir novas categorías de produto e recuperar peso fronte a rivais que avanzan con rapidez na IA.
Cook expresou en varias ocasións a súa preferencia por unha remuda interna e asegurou que Apple conta con «plans de sucesión moi detallados». Tamén deixou claro o seu compromiso coa compañía: «Encántame estar aí e non me imaxino a miña vida sen iso, así que seguirei durante un tempo», afirmou en novembro de 2023 nunha conversa coa cantante Dua Lipa.


Conversa de Tim Cook coa cantante Dua Lipa

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?