Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple terá que pagar 634 millóns de dólares a Masimo pola función de medición de osíxeno en sangue dos seus reloxos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple terá que pagar 634 millóns de dólares a Masimo pola función de medición de osíxeno en sangue dos seus reloxos

Redacción
Publicado: 17/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apple_apple-event-keynote_jeff_09152020-2.jpgUn xurado federal en Santa Ana, California, ditou un veredicto que podería marcar un precedente na relación entre dispositivos de consumo e tecnoloxía médica. Masimo Corp. obtivo unha compensación de 634 millóns de dólares tras convencer ao tribunal de que Apple infrinxiu as súas patentes de oximetría de pulso ao integrar esta funcionalidade en modelos de Apple Watch vendidos entre 2020 e 2022.
O caso xirou arredor dunha cuestión clave: se un reloxo intelixente pode ser considerado legalmente un monitor de pacientes. Os avogados de Apple defenderon que este termo só se aplica a dispositivos clínicos deseñados para unha vixilancia continua, argumentando que o Apple Watch non cumpre esa definición. «A característica esencial de todos os monitores de pacientes é que non poden perder eventos médicos importantes», afirmou Joseph J. Mueller, letrado de WilmerHale. Pola súa parte, Masimo insistiu en que Apple describiu internamente o seu reloxo como «o monitor de frecuencia cardíaca máis usado do mundo», e que a súa sensibilidade do 95 % na detección de pulsacións elevadas en repouso encaixa cos requisitos da patente.
apple_watch_osixeno.gif Este litixio forma parte dunha longa batalla xudicial entre ambas compañías. En 2023, outro proceso paralelo por suposta apropiación de segredos comerciais rematou en xuízo nulo, o que obrigará a repetir o xuízo. Ademais, a Comisión Internacional de Comercio dos Estados Unidos decretou unha prohibición de importación de certos modelos de Apple Watch tras concluír que Apple tamén infrinxira patentes de Masimo.
Apple xa anunciou que recorrerá a decisión. Nun comunicado, a compañía sinalou: «Estamos en desacordo coa decisión de hoxe, que cremos contraria aos feitos. Masimo é unha empresa de dispositivos médicos que non vende produtos a consumidores. Nos últimos seis anos demandaron a Apple en múltiples tribunais e presentaron máis de 25 patentes, a maioría das cales foron declaradas inválidas. A única patente neste caso expirou en 2022 e refírese a tecnoloxía histórica de monitorización de pacientes de hai décadas».
Cómpre salientar que a medición do osíxeno en sangue nos Apple Watch segue a funcionar con normalidade na Unión Europea, mentres que nos EE.UU. levan un par de anos sen poder gozar de tal función por mor do conflito entre Apple e Masimo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?