Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google presenta o seu novo modelo de predición meteorolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google presenta o seu novo modelo de predición meteorolóxica

Redacción
Publicado: 17/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

weathernext2_keyword.jpgGoogle DeepMind e Google Research deron un novo paso na aplicación da intelixencia artificial á meteoroloxía coa presentación de WeatherNext 2, un modelo de predición que promete ser oito veces máis rápido ca versión anterior e capaz de xerar estimacións con resolución de ata unha hora. A compañía destaca que esta evolución permite dispoñer de centos de escenarios posibles a partir dun único punto de partida, o que facilita a toma de decisións en contextos tan diversos como a planificación de cadeas de subministración, a xestión de rutas aéreas ou o propio desprazamento diario das persoas.
WeatherNext 2 incorpora unha arquitectura baseada nas chamadas Functional Generative Networks (FGN), un enfoque que introduce ruído de maneira controlada no modelo para manter as previsións coherentes e fisicamente realistas. Co adestramento centrado en variables individuais (temperatura nun lugar concreto, velocidade do vento a certa altitude ou humidade), o sistema é quen de inferir tamén o comportamento conxunto de fenómenos máis amplos, como ondas de calor rexionais ou o rendemento previsto dun parque eólico. Segundo Google, o modelo supera o WeatherNext orixinal no 99,9 % das variables e prazos de predición, desde poucas horas ata quince días.
A tecnoloxía sae agora dos laboratorios para chegar aos usuarios. Os datos de WeatherNext 2 están xa dispoñibles en Earth Engine e BigQuery, e Google abriu un programa de acceso temperán en Vertex AI para realizar inferencias personalizadas. Ademais, o modelo comezou a integrarse nas predicións meteorolóxicas de Search, Gemini, Pixel Weather e a API de Weather da Google Maps Platform, e chegará tamén ás funcións de clima de Google Maps nas vindeiras semanas.
Un dos avances máis relevantes é a capacidade de xerar centos de escenarios nun tempo moi reducido: cada predición leva menos dun minuto nunha única TPU, fronte ás horas de cálculo dos modelos tradicionais baseados en física que requiren supercomputadores. Isto permite ás axencias meteorolóxicas avaliar tamén os peores casos posibles cando toman decisións críticas, como xa se está a facer en probas experimentais de predición de ciclóns.
Google asegura que continuará investigando como mellorar estes modelos, integrando novas fontes de datos e ampliando o acceso ás ferramentas para a comunidade científica, desenvolvedores e empresas. O obxectivo é acelerar a investigación e poñer ao alcance da sociedade instrumentos que permitan afrontar con máis precisión os desafíos climáticos e operativos dos vindeiros anos.


Vídeo de presentación de WeatherNext 2

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?