Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AWS e Azure baixo a lupa da Comisión Europea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AWS e Azure baixo a lupa da Comisión Europea

Redacción
Publicado: 18/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

p-068299_00-04_01-original-512413.jpgA Comisión Europea iniciou tres investigacións centradas nos servizos de computación na nube ao abeiro da Lei de Mercados Dixitais (DMA). Dúas delas analizarán se Amazon e Microsoft deben ser designadas como gatekeepers polos seus servizos Amazon Web Services e Microsoft Azure, malia non acadar os limiares cuantitativos que marca a normativa en tamaño, número de usuarios ou posición de mercado. A terceira investigación avaliará se o actual marco da DMA resulta suficiente para corrixir prácticas que poidan limitar a competencia e a equidade neste sector estratéxico.
A computación na nube constitúe a infraestrutura esencial de numerosos servizos dixitais e desempeña un papel clave no desenvolvemento da intelixencia artificial. Para impulsar a innovación, a confianza e a autonomía estratéxica europea, Bruxelas insiste na necesidade dun ecosistema de nube aberto, xusto e competitivo.
As análises realizadas nos últimos anos indican que Amazon Web Services e Microsoft Azure ocupan posicións especialmente fortes fronte ás empresas e aos consumidores. A Comisión examinará tamén se certas características propias do sector da nube poderían reforzar aínda máis esa posición dominante de facto. Se a investigación conclúe que actúan como portas de entrada fundamentais entre compañías e usuarios, estes servizos engadiríanse á lista de plataformas nucleares polas que Amazon e Microsoft xa están consideradas gatekeepers noutros ámbitos.
En paralelo, Bruxelas está a recompilar información de diferentes actores para avaliar se as obrigas actuais da DMA abordan axeitadamente condutas potencialmente restritivas da competencia, como barreiras á interoperabilidade entre servizos, limitacións ou condicións de acceso aos datos para empresas usuarias, prácticas de empaquetado ou vinculación de servizos e termos contractuais desequilibrados.
A Comisión prevé concluír nun prazo de doce meses as investigacións relativas a Microsoft Azure e Amazon Web Services. Se finalmente determina que cumpren os criterios para seren designados gatekeepers no ámbito da nube, ambas compañías disporán de seis meses para garantir o pleno cumprimento das obrigas da DMA.
A terceira investigación, centrada na aplicación da DMA ao sector da nube, dará lugar a un informe final no prazo de dezaoito meses. Ese documento poderá incluír propostas de actualización das obrigas da DMA mediante un acto delegado ao abeiro dos artigos 12 e 49 da propia norma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?