Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Masacre estrea xogo de realidad virtual para Meta Quest
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Masacre estrea xogo de realidad virtual para Meta Quest

Redacción
Publicado: 18/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

masacre_vr_01.jpgA espera rematou para os seareiros de Masacre, xa que o mercenario bocalán estrea o xogo Marvel’s Deadpool VR para Meta Quest 3 e 3S, e faino cunha aposta que mestura acción frenética, humor irreverente e un nivel de caos que só podía crear o célebre personaxe da Casa das Ideas. A voz corre a cargo de Neil Patrick Harris, mentres que o estudio Twisted Pixel, en colaboración coa división de xogos de Marvel, constrúe unha aventura pensada claramente para adultos e que leva a realidade virtual a un terreo tan gore como divertido.
A historia arrinca cando Mojo, interpretado por John Leguizamo, lle ofrece a Masacre un contrato tan lucrativo como enganoso. Seducido polos cartos e polo brillo dunha posible carreira como estrela do streaming interdimensional, Masacre acepta sen ler a letra pequena. A partir de aí, comeza unha viaxe por escenarios como o Helitransporte de S.H.I.E.L.D. ou o planeta Xandar, con encargos que inclúen cazar viláns icónicos —e outros non tanto— do universo Marvel.
masacre_vr_02.jpg O combate é un dos puntos fortes do título, cunha liberdade creativa que permite tanto empregar espadas ou pistolas como optar por solucións absurdas, desde golpear inimigos cun brazo arrincado ata usar armas especiais como Mo-jolnir, sempre que o espectáculo sexa do gusto do Mojoverso. A medida que se logra impresionar á audiencia, desbloqueanse novas posibilidades e unha banda sonora cargada de temas con licenza. Coincidindo co lanzamento, tamén sae o sinxelo Deadpool da banda sonora oficial, composta por Christopher Young e Gil Young, mentres que o álbum completo chegará ás plataformas dixitais o 12 de decembro.
Pensado en exclusiva para Meta Quest 3 e 3S, Marvel’s Deadpool VR tira a fondo do hardware e das posibilidades inmersivas da plataforma, ofrecendo situacións tan delirantes como estampar un Jeep contra un helicóptero, golpear unha granada ou empregar as cartas explosivas dun coñecido mutante. A acción é constante, salvaxe e chea de ocorrencias que encaixan á perfección co ton do personaxe.
O xogo está á venda por 45,99 euros e preséntase como unha homenaxe creada expresamente para realidade virtual. 

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?