Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Meta non terá que desprenderse de Instagram e WhatsApp
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Meta non terá que desprenderse de Instagram e WhatsApp

Redacción
Publicado: 19/11/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

jeb_boasberg.jpgO Tribunal de Distrito de Columbia ditou unha resolución clave no caso que desde 2020 enfrontaba á Comisión Federal de Comercio (FTC) con Meta pola presunta monopolización do mercado de redes sociais persoais. O maxistrado James E. Boasberg concluíu que a FTC non acreditou que Meta manteña na actualidade poder de monopolio, polo que ordena ditar sentenza favorable á compañía.
A decisión chega tras cinco anos de litixio, unha longa fase de descubrimento e un xuízo de seis semanas no que declararon directivos das principais plataformas e diversos expertos. A FTC sostivo que Facebook, Instagram, Snapchat e MeWe operan nun mercado específico de rede social persoal, no que Meta sería dominante e no que tería reforzado ilegalmente a súa posición mediante ás compras de Instagram e WhatsApp. A tese do organismo regulador é que Meta mantivo o seu suposto monopolio mediante adquisicións destinadas a eliminar rivais potenciais.
O xuíz considera, porén, que esa definición de mercado xa non se axusta á realidade. A resolución subliña que o ecosistema dixital cambiou radicalmente desde que o caso foi presentado e que TikTok e YouTube se converteron en substitutos directos de Facebook e Instagram, polo que deben formar parte do mesmo mercado relevante. Segundo a análise do tribunal, a entrada e o rápido crecemento de TikTok supuxeron unha perda notable de uso nas aplicacións de Meta e alteraron de maneira decisiva o equilibrio competitivo.
O maxistrado destaca que, cando se incorpora TikTok (e tamén YouTube) á análise de mercado, a cota de tempo empregado polos usuarios nas plataformas de Meta sitúase moi lonxe dos niveis necesarios para considerar a existencia de poder de monopolio. A sentenza recolle que «Meta non mantén ningún monopolio no mercado relevante» e que, mesmo no escenario máis restritivo para a compañía, a súa participación caería por debaixo dos limiares que a xurisprudencia acepta para inferir poder de monopolio.
O tribunal tamén rexeita as tentativas da FTC de basear a súa acusación en condutas pasadas. Recorda que a sección 13(b) da FTC Act só permite solicitar medidas cautelares ou permanentes fronte a violacións actuais ou inminentes, non respecto de actuacións históricas xa superadas. Como indica o fallo: « a Comisión pode presentar unha demanda […] para impedir ese acto ou práctica», o que obriga a demostrar un incumprimento presente do dereito da competencia, algo que a FTC non conseguiu probar.
A resolución dedica unha parte extensa a analizar tanto probas directas como indirectas de poder de mercado. Neste sentido, conclúe que os usuarios redistribúen o seu tempo de uso entre Facebook, Instagram, TikTok e YouTube en función da oferta de contidos e das innovacións de cada plataforma, o que evidencia unha competencia activa e unha elevada substituibilidade entre servizos. A sentenza subliña que «cando usan menos Facebook ou Instagram, os consumidores recorren de forma desproporcionada a TikTok e YouTube», confirmando que estas aplicacións limitan a capacidade de Meta para actuar como monopolio.
A decisión representa un revés de gran calado para a FTC, que fixera desta causa un dos piares da súa estratexia contra as grandes tecnolóxicas. O tribunal recoñece que pode ter existido nun pasado recente un mercado máis acoutado no que Facebook gozase de posición dominante, pero conclúe que hoxe ese escenario desapareceu pola evolución das aplicacións, pola converxencia funcional entre plataformas e polo forte impulso competitivo de TikTok e YouTube.
Cómpre salientar que esta causa realizouse dentro do marco estadounidense, onde WhatsApp apenas conta con usuarios activos, polo que Meta estaría lonxe de ter unha posición dominante nas comunicacións persoais (algo que si podería acontecer en mercados como o español).
Tamén é interesante que Meta, como argumento na súa defensa, sostén que as súas plataformas sociais xa non se empregan para relacionarse con amigos e familiares como acontecía hai anos, senón que o seu uso é máis pasivo, predominando o consumo en formato de Reels, deixando así claro que, no contexto actual, está lonxe de ser un monopolio, e estaría a enfrontarse a unha competencia salvaxe con TikTok.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?