Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG alerta do aumento de calotes no Black Friday pola irrupción da IA xenerativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG alerta do aumento de calotes no Black Friday pola irrupción da IA xenerativa

Redacción
Publicado: 19/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fotografia_vertical_fernando_suarez.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia advirte de que a chegada do Black Friday e do Ciberluns, datas marcadas polas compras en liña e polo incremento do consumo previo ao Nadal, vén acompañada dun aumento das ciberestafas. Segundo o CPEIG, a extensión da intelixencia artificial xenerativa está a facilitar que os delincuentes dixitais elaboren enganos cada vez máis convincentes, dende anuncios hiperrealistas ata vídeos falsos protagonizados por influencers recoñecidos.
Fernando Suárez, presidente do CPEIG, lembra que «as mesmas tecnoloxías que permiten crear contidos, imaxes ou vídeos realistas en cuestión de segundos están sendo utilizadas polos ciberdelincuentes para perfeccionar os seus fraudes». O responsable do Colexio explica que, en campañas masivas como o Black Friday, a IA convértese nunha «ferramenta poderosa» para enganar con maior credibilidade e rapidez, polo que insta a extremar a prudencia diante de mensaxes, vídeos ou anuncios que parecen auténticos, pero que puideron ser xerados artificialmente.
Para afrontar esta nova realidade, o CPEIG detalla varios riscos emerxentes asociados á IA xenerativa durante as compras en liña. Entre eles menciona os descontos sospeitosos que enlazan con páxinas imitadas cunha precisión profesional, os deepfakes nos que persoas coñecidas animan a mercar en tendas fraudulentas, ou os chatbots que se fan pasar por servizos de atención ao cliente para solicitar datos persoais ou bancarios. Tamén alerta de correos de phishing redactados sen erros grazas á IA, de críticas ficticias que inflúen nas decisións de compra, de imaxes de produtos inexistentes elaboradas artificialmente ou de campañas publicitarias personalizadas a partir de datos extraídos das redes sociais.
O Colexio recomenda verificar sempre a orixe das ofertas, confirmar a autenticidade das páxinas web antes de facer un pago, desconfiar dos contidos virais que non procedan de canles oficiais e evitar compartir información dubidosa que poida contribuír á difusión involuntaria de fraudes. Con estas pautas pretende reforzar a protección da cidadanía nun momento no que a tecnoloxía tamén serve de ferramenta para novos métodos de engano.
A entidade lembra que a prevención segue a ser a mellor defensa e que unha actitude crítica fronte ás ofertas e mensaxes que chegan por correo, mensaxería ou redes sociais é esencial para reducir riscos nunha das semanas de maior actividade comercial do ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?