Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno anuncia a apertura dunha investigación a Meta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno anuncia a apertura dunha investigación a Meta

Redacción
Publicado: 19/11/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

191125-sanchez-iv-edicion-metafuturo5.jpgO presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou a apertura dunha investigación parlamentaria contra Meta pola presunta vulneración da privacidade de millóns de usuarios. Segundo avanzou no IV Foro Metafuturo, celebrado no Ateneo de Madrid, a empresa matriz de Facebook, Instagram e WhatsApp terá que ofrecer explicacións na Comisión de Economía, Comercio e Transformación Dixital do Congreso para aclarar o sucedido. «En España, a Lei está por enriba de calquera algoritmo ou calquera gran plataforma tecnolóxica. E quen vulnere os nosos dereitos, pagará as consecuencias», sinalou.
A iniciativa chega tras un estudo elaborado por centros internacionais de España (IMDEA Networks), Bélxica (Universidade Católica de Lovaina) e Holanda (Universidade de Radboud), que detectou o uso durante preto dun ano dun mecanismo oculto capaz de rastrexar a actividade web de persoas usuarias de Android. Este sistema, cualificado como unha espionaxe silenciosa, recompilaba información sobre as páxinas visitadas no navegador e vinculábaa coa identidade das contas en Facebook e Instagram, mesmo cando se empregaba o modo incógnito ou unha VPN.
191125-sanchez-iv-edicion-metafuturo11.jpg De confirmarse, a práctica podería supoñer o incumprimento de varias normas europeas en materia de seguridade e privacidade, entre elas o Regulamento Xeral de Protección de Datos, a Directiva ePrivacy, a Lei de Mercados Dixitais e a Lei de Servizos Dixitais. A compañía enfronta tamén demandas colectivas en Alemaña, Estados Unidos e Canadá. O obxectivo da investigación é dilucidar o sucedido, depurar responsabilidades e garantir a protección dos dereitos fundamentais que puidesen resultar vulnerados.
Ademais desta actuación, Sánchez avanzou o lanzamento dun paquete de medidas fronte a catro ameazas crecentes no espazo dixital: campañas de desinformación, protección de menores, loita contra o discurso de odio e a polarización social, e defensa da privacidade. Estes compromisos, segundo lembrou, xa foran anticipados na última cimeira de Davos, onde alertara da concentración de poder e riqueza nos tecno-billonarios «a custa da cohesión social, da nosa saúde mental e das nosas democracias».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?