Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AtlanTTic celebra os seus 15 anos de avances
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AtlanTTic celebra os seus 15 anos de avances

Redacción
Publicado: 20/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20251120atlanttic3.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou hoxe na conmemoración do quince aniversario do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (AtlanTTic) da Universidade de Vigo, un encontro organizado para poñer en valor «un proxecto que se consolidou como referente na innovación, transformación dixital e ciberseguridade de Galicia», tal e como sinalou o conselleiro, que felicitou os douscentos trinta e sete profesionais que «forman parte da familia AtlanTTic».
20251120atlanttic4.jpg O representante do Goberno galego destacou tamén o papel deste centro, integrado na Rede CIGUS de excelencia universitaria, ao cualificalo como «un axente clave para que Galicia avance no eido das TIC» e engadindo que «é momento de recoñecer o camiño percorrido, reforzar o espírito innovador e continuar traballando para impulsar a I+G+i e construír a Galicia do futuro».
Nesa liña, o titular de Ciencia e Universidades subliñou a traxectoria do AtlanTTic, ao que a Xunta de Galicia leva prestando apoio desde o ano 2020 con máis de cinco millóns seiscentos mil euros mediante as convocatorias da Rede CIGUS e de equipamento científico, entre outras vías. O centro, creado en 2010 coa intención de consolidarse como un actor de referencia internacional no avance da I+D+i, conseguiu captar en financiamento competitivo desde 2020 case corenta millóns de euros.

Quince anos de avances

20251120atlanttic1.jpgAo longo destes tres lustros, o AtlanTTic acumulou fitos significativos. Entre eles figuran sete proxectos do programa Ignicia Proba de Concepto da Xunta e cinco spin-offs activas, ademais de seiscentas vinte e seis publicacións entre 2020 e 2024. Tamén destaca o impulso a investigacións de vangarda en ámbitos estratéxicos como as comunicacións 5G/6G, a ciberseguridade e a privacidade, a fotónica integrada, as tecnoloxías cuánticas ou as tecnoloxías aeroespaciais. Como exemplo, cómpre mencionar a creación do Vigo Quantum Communication Center (VQCC) ou do laboratorio de redes de comunicacións B5G/6G Communication Networks Laboratory.
O AtlanTTic é un dos tres centros de investigación da Universidade de Vigo integrados na Rede CIGUS da Xunta. Xunto a el están o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO), ao que a Consellería destinou seis millóns de euros, e o Centro de Investigación Mariña (CIM), cunha achega de cinco millóns. Esta aposta decidida pola I+G+i busca garantir un desenvolvemento estable da actividade investigadora dos centros da Rede CIGUS, que no caso de Vigo suma xa dezaseis millóns seiscentos mil euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?