Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta aproba o Programa Galego de Intelixencia Artificial 2026-2028
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta aproba o Programa Galego de Intelixencia Artificial 2026-2028

Redacción
Publicado: 24/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

251124_pte_consello_reunion_dcs_06.jpgAlfonso Rueda anunciou que o Consello da Xunta deu luz verde ao Programa Galego de Intelixencia Artificial 2026-2028, concibido como «a folla de ruta para avanzar moito e intentar xeneralizar o uso desta tecnoloxía na administración, nas empresas e no día a día dos galegos» .
Dotado con 54 millóns de euros, o plan aspira a ampliar os servizos públicos con IA en ámbitos como a xestión administrativa, a sanidade ou o tratamento de residuos. Trátase dunha nova fase da Estratexia Galega de IA 2030, unha vez asentado o marco operativo, tecnolóxico e normativo que sustenta o desenvolvemento ordenado desta tecnoloxía en Galicia.
O documento estrutúrase arredor de catro eixes que combinan o impulso á infraestrutura dixital, a capacitación ao longo da vida, a adopción estratéxica da IA tanto na Xunta como nas empresas e o fomento da investigación e da innovación. Entre as prioridades figura a creación dunha plataforma transversal para a análise e o manexo avanzado dos datos, con capacidades de supervisión, espazos de proba e modelos propios de linguaxe.
251124_pte_consello_reunion_dcs_03.jpg No ámbito administrativo, o Programa prevé asistentes virtuais para mellorar a atención á cidadanía e sistemas de tramitación máis áxiles e sinxelos. No relativo aos servizos públicos, incorpora medidas para unha xestión intelixente dos residuos, a anticipación de riscos e emerxencias, a mellora da mobilidade e o transporte, a predición de incendios forestais ou a reorganización parcelaria do territorio agrícola.
Tamén se inclúe a automatización de procesos vinculados ao solo residencial e ás vivendas protexidas, a análise da oferta e da demanda de emprego, a implantación de asistentes para resolver dúbidas ou xestionar citas sanitarias e o apoio á toma de decisións clínicas a través de ferramentas de análise avanzada.
O plan contempla igualmente liñas de apoio para que as administracións locais poidan adoptar solucións baseadas en IA, simplificando a contratación e facilitando a reutilización dos proxectos impulsados pola Xunta.
En paralelo, promoverase a adopción desta tecnoloxía nas empresas galegas mediante o Programa de axudas IA 360 e a liña Ticket Innova, orientada especialmente a pemes de sectores tradicionais. En total, destinaranse catro millóns de euros a estas convocatorias, que verán a luz en xaneiro.
O Programa inclúe ademais medidas específicas para reforzar o talento investigador, con axudas pre e posdoutorais, doutoramentos industriais e apoio á consolidación dos grupos e centros de investigación. Para garantir un desenvolvemento ético e transparente, a Xunta está a crear novos órganos de gobernanza como a Oficina Galega de IA, o Consello Galego de IA e mecanismos como o Inventario de sistemas de IA, así como estudos para medir o impacto desta tecnoloxía nos distintos ámbitos da sociedade galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?