Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un foro abordará os retos que a IA introduce na educación e no emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Un foro abordará os retos que a IA introduce na educación e no emprego

Redacción
Publicado: 25/11/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

quincemil_generacion_ia.jpgSantiago de Compostela acollerá o vindeiro 27 de novembro o I Foro Generación IA: EduEmpleo 2025, un encontro promovido por Quincemil e Inetum, coa colaboración de Microsoft, Red Hat e Intel. A cita terá lugar no Hotel NH Collection e pretende abrir un espazo de diálogo entre institucións públicas e privadas para analizar os retos que a intelixencia artificial introduce na educación e no emprego.
A xornada iniciarase ás 9:00 horas coas acreditacións e a apertura institucional a cargo de Ion Ander Bordonaba, director xeral de Inetum España, e Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia. Seguiralle a ponencia inaugural de Mar Camacho Martí, doutora en Tecnoloxía Educativa pola Universitat Rovira i Virgili, titulada Generación IA.
O programa inclúe unha mesa redonda sobre Educación 2025-2030, moderada por María José Sánchez Gómez (Inetum), na que participarán docentes das universidades de Vigo, A Coruña e Santiago, así como responsables da Xunta. Tras a pausa café, terá lugar unha segunda mesa redonda dedicada ao impacto da intelixencia artificial no emprego, moderada por Luis Ángel Velasco González (Microsoft), con intervencións de representantes académicos e institucionais.
O foro reservará tamén un espazo para o diálogo sobre ética, equidade e oportunidades, coa participación de Fundación COTEC, Intel e Red Hat. A sesión servirá de antesala á presentación do Manifiesto Generación IA Educación & Empleo, que busca compromisos firmes para garantir que ninguén quede atrás no proceso de transformación tecnolóxica.
A clausura está prevista para as 13:35 horas, seguida dun cóctel e sesión de networking. O evento aspira a consolidarse como referente na análise das implicacións da intelixencia artificial na formación e no mercado laboral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?