Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A intelixencia artificial e a ciberseguridade centran o foro Next Spain
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A intelixencia artificial e a ciberseguridade centran o foro Next Spain

Redacción
Publicado: 27/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

next_spain_galicia_01.jpgO Museo Santiago Rey Fernández-Latorre acolleu onte unha nova edición do foro Next Spain, promovido por La Voz de Galicia e Vocento, coa colaboración de Telefónica. A xornada, que xa pasara por cidades como Málaga, Valencia ou Xixón, puxo o foco nos grandes retos tecnolóxicos e sociais que afronta o país, cunha especial atención á sustentabilidade, á innovación e á protección fronte ás ameazas dixitais.
Na apertura, Xosé Luís Vilela, director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, advertiu que a humanidade se atopa «no inicio dun cambio social distinto e máis complexo ca todos os anteriores». A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, subliñou que a cidade leva tempo asumindo un papel activo nesta transformación, converténdose en sede da AESIA e impulsando a Cidade das TIC como espazo de xeración de innovación.
next_spain_galicia_03.jpg Entre os participantes destacou Lara Andrea Neira, doutora en intelixencia artificial e data scientist en Ednon, quen advertiu da necesidade de integrar a ética no desenvolvemento tecnolóxico e de atender ao contexto demográfico galego. Desde Telefónica, José María Borrego incidiu na importancia de avanzar cara a modelos de IA máis ecolóxicos, ao tempo que alertou de que as pequenas empresas e comercios locais poderían quedar atrás se non incorporan estas ferramentas.
Marco Einöder, responsable de Innovación Norte en Inetum, reclamou unha mellor xestión das expectativas e puxo como exemplo o potencial da IA na educación, tanto para apoiar alumnado con dislexia como para orientar contidos cara ao futuro laboral. Pola súa parte, Juan Martínez, director de Desenvolvemento en Plexus, destacou o papel da tecnoloxía en sectores tan diversos como a banca, a hostalaría ou o primario, lembrando que Galicia debe aproveitar o capital humano das universidades para manter a produtividade nun contexto demográfico adverso.
next_spain_galicia_02.jpg O segundo coloquio centrouse na ciberseguridade. Expertos de Palo Alto Networks, IndraMind e Ednon advertiron do incremento da superficie de exposición nun mundo hiperconectado e do uso intensivo da IA por parte dos ciberdelincuentes. José Suárez, de Palo Alto Networks, reclamou ferramentas capaces de filtrar ataques de forma automatizada, reducindo o ruído operativo e permitindo que os enxeñeiros se concentren nos incidentes críticos. Ricardo Rodríguez, de Ednon, insistiu na importancia da avaliación periódica dos riscos e na formación dos usuarios, ao considerar que a dimensión humana continúa a ser unha das principais fendas de seguridade.
O foro concluíu cunha mensaxe clara: a innovación e a intelixencia artificial deben avanzar da man da ética, da sustentabilidade e da protección fronte ás ameazas dixitais, para garantir que o progreso tecnolóxico se traduza en beneficios reais para empresas e sociedade.


A nova edición do foro Next Spain pode verse en liña

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?