Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios Gallegos del Año 2025 recoñecen a figura do presidente de Altia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios Gallegos del Año 2025 recoñecen a figura do presidente de Altia

Redacción
Publicado: 27/11/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

g6y2b2bxuaah9ew.jpgO Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, foi escenario este xoves da entrega dos Premios Gallegos del Año 2025, que celebran a súa 33ª edición. A cita reuniu a unha ampla representación da sociedade civil galega e distinguiu a cinco personalidades que, desde ámbitos diversos, proxectan a imaxe de Galicia máis alá das súas fronteiras.
Os galardoados foron Constantino Fernández, presidente de Altia, recoñecido en Economía e Emprendemento; a atleta Ana Peleteiro, premiada en Cultura e Deportes; a catedrática de Farmacoloxía da USC Mabel Loza, distinguida en Ciencia e Investigación; o escritor e xornalista Manuel Rivas, recoñecido en Artes e Comunicación; e Emilio Pérez Nieto, presidente honorífico do Grupo Pérez Rumbao, galardoado en Política e Sociedade.
251127_pte_galegosano_dcs_10.jpg O último en subir ao escenario foi Constantino Fernández, quen recibiu o premio de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. O empresario coruñés, á fronte de Altia, compañía tecnolóxica de referencia, expresou a súa emoción por volver a Santiago para recoller un galardón que, segundo afirmou, «forma parte da miña vida e do meu carácter». Fernández subliñou que este recoñecemento é tamén dos clientes da empresa: «Sen a súa confianza nada do que facemos tería sentido».
A súa intervención tamén tivo palabras de agradecemento ao seu equipo «que demostra cada día que o talento galego pode competir cos mellores» engadindo «unha mención positiva ao sector TIC de Galicia, que vive un gran momento. As nosas empresas medran, internacionalízanse e compiten en mercados onde ninguén regala nada. O esforzo conxunto do tecido empresarial e do Clúster TIC e está a facer medrar compañías sólidas, innovadoras e con ambición».
O presidente da Xunta, ao entregarlle o galardón, salientou que os premiados representan «a Galicia ambiciosa, innovadora e orgullosa da súa identidade» e detallou, no caso de Constantino Fernández, os comezos de Altia traballando para a Xunta de Galicia, cun bo facer que desembocou en numerosos éxitos, polo que apuntou que o seu galardón foi un «premio moi merecido».



A gala de entrega dos premios Gallegos del Año 2025

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?