Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Media Markt, Electrocosto e PC Componentes, entre as compañías sancionadas por falsas rebaixas de Black Friday
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Media Markt, Electrocosto e PC Componentes, entre as compañías sancionadas por falsas rebaixas de Black Friday

Redacción
Publicado: 28/11/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

bustinduy_2025111716383976299.jpgO Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 fixo pública a sanción a sete grandes empresas por prácticas de rebaixas enganosas durante o Black Friday de 2023. As multas ascenden a un total de 350.000 euros e inclúen, ademais da sanción económica, a obrigatoriedade de facer pública a identidade das marcas implicadas.
Entre as compañías sancionadas figuran Notino Italia, con 110.000 euros; Gestaweb 2020 (Electrocosto), con 100.000; Media Markt, con 25.000; Carrefour, con 21.500; e PC Componentes, con 1.500. Todas elas foron acusadas de incrementar previamente o prezo dos produtos para despois presentalos como rebaixados, unha práctica considerada desleal e contraria ao artigo 47.1 m) da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios.
O ministro Pablo Bustinduy anunciou que, coincidindo co Black Friday deste ano, Consumo puxo en marcha a maior campaña de monitorización e vixilancia ata a data. A través dun barrido tecnolóxico, o departamento supervisará non só as falsas rebaixas, senón tamén outros chamados patróns escuros que reducen a transparencia e inducen a erro ao consumidor. Entre eles destacan os prezos por goteo, as técnicas de venda baixo presión (como contadores irreais ou mensaxes de escaseza falsa), os prezos dinámicos sen explicación suficiente e os prezos personalizados baseados en datos persoais.
As autoridades lembran que, segundo a normativa vixente, o prezo de referencia para calcular un desconto debe ser o máis baixo ofrecido nos últimos trinta días. A campaña pretende garantir que as promocións se axusten á lei e que os consumidores poidan tomar decisións de compra informadas e libres de manipulación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?