Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo acolle a presentación do xogo galego e-SoundWay e do seu manual de uso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo acolle a presentación do xogo galego e-SoundWay e do seu manual de uso

S. P.
Publicado: 01/12/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

esoundway_manual_libro1_0.jpgUn xogo que consegue que a aprendizaxe da fonética inglesa sexa integral e ao mesmo tempo práctica e motivadora. Así foi presentado e-SoundWay hoxe na Universidade de Vigo e así o definiu María de los Ángeles Gómez González catedrática da Área de Filoloxía Inglesa da USC, que participou na cita xunto ao docente e investigador do Departamento de Tecnoloxía Electrónica da UVigo, Alfonso Lago Ferreiro, e aos tamén docentes e investigadores Milagros Torrado Cespón da UNIR e José María Díaz Lage da UNED.
Eles son os autores de Los sonidos del inglés en el Camino de Santiago (e-SoundWay). Un juego serio para aprender la pronunciación inglesa.
e-soundway_manual_uvigo_libro2_0.jpgO volume, que este mediodía foi presentado (xunto co xogo) no salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, é un manual trilingüe de uso que explica o funcionamento da ferramenta e-SoundWay (English Pronunciation Sounds on the Way of St. James), que mediante xogos, ten o obxectivo de que, tanto o estudantado de bacharelato e universitario, como o de primaria, acade as competencias que marcan os estudos para unha maior precisión e fluidez da pronuncia do inglés, en persoas que a utilizan como segunda lingua.
“A persoa que se achegue ao libro vaise atopar cun código QR co que pode descargarase o xogo. É un manual trilingüe de uso que explica detidamente como se pode xogar a cada un dos minixogos que constitúen a ferramenta, nas tres competencias básicas que son percepción, produción e transcrición. Así verá como pode ir avanzado ao longo do Camiño de Santiago que é onde se establecen todos os retos”, detallou Alfonso Lago sobre o volume, que tamén mostra como se pode acceder á biblioteca, na que se poden atopar audiolibros trilingües dos personaxes que foron considerados como peregrinos típicos no Camiño de Santiago e tamén información dos lugares que se percorren ao longo do xogo.
O manual foi editado polo Servizo de Publicacións da UVigo, dentro da categoría Miscelánea.
Froito dunha axuda acadada en convocatorias de proxectos nacionais de investigación, a ferramenta e-SoundWay foi desenvolvida por persoal investigador dos grupos de Enxeñaría de Equipos Electrónicos, Laboratorio de Redes (atlanTTic) da UVigo e Discurso e Identidade da USC, contando ademais coa participación das universidades Autónoma de Madrid, Málaga, UNIR e UNED.
e-soundway_manual_uvigo_libro3_0.jpg“O xogo traballa os sons, pero tamén a prosodia, é dicir, a acentuación, o ritmo e a entoación. Ademais aborda percepción, a produción e a escritura, tanto en grafía como en símbolos fonéticos, sempre cun enfoque contrastivo que ten en conta se nosa lingua materna é por exemplo o castelán ou o galego. Todo isto preséntase como unha viaxe polo Camiño Francés con 34 etapas, minixogos, desafíos e tarefas de transcrición que reforzan articulación, ritmo e entoación dun xeito natural e progresivo”, explicou María de los Ángeles Gómez, engadindo que a tecnoloxía analiza en tempo real se a persoa usuaria produce e representa ben os sons e a prosodia da lingua inglesa e ofrece ademais un feedback moi fino atribuíndo graos de proximidade tanto á intelixibilidade como á emulación dunha pronunciación máis próxima á dun falante nativo.
e-soundway_camino_de_santiago.jpgSegundo explicaron, “a dimensión cultural desta experiencia formativa compleméntase cos personaxes que nos acompañan: algúns son figuras históricas do Camiño e outras son persoas relevantes hoxe en día na ruta xacobea, creando así unha contorna moi viva e próxima”, sinalou a catedrática da USC sobre a ferramenta, que cun sistema de puntos e vieiras e a música tradicional galega, ofrece como resultado final “unha viaxe fonética completa, contrastiva e realmente motivadora”.
Responsable, xunto ao tamén investigador do grupo de Enxeñaría de Equipos Electrónicos, Laboratorio de Redes (atlanTTic) Carlos López Ardao do deseño e desenvolvemento tecnolóxico da plataforma así como da súa proposta de gamificación, Alfonso Lago destacou que todo videoxogo, ademais dunha contorna técnica ou gráfica e de xogo propiamente dita, debe ter unha contorna narrativa e sonora: “A idea era desenvolver un xogo serio para a mellora da pronuncia en inglés e pensamos que que mellor contorna narrativa que un contexto histórico propio da nosa comunidade autónoma, de Galicia, e ese contexto histórico foi o Camiño de Santiago, onde o usuario, a parte de mellorar a pronuncia en inglés, pode coñecer a historia das distintas etapas, das vilas e aldeas ao longo das etapas e de personaxes que percorreron ese camiño. E todo baseado nun entorno sonoro con música de dous grupos galegos como son Luar na Lubre e Resonet”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?