Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sanidade celebra en Lugo o 13 de decembro unha xornada para fomentar o uso responsable das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sanidade celebra en Lugo o 13 de decembro unha xornada para fomentar o uso responsable das TIC

S. P.
Publicado: 02/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_de_benestar_familiar_tecnoloxias_lugo_xunta_conselleria_sanidade.jpgA Consellería de Sanidade celebrará o sábado 13 de decembro, no Edificio Administrativo de Usos Múltiples da Xunta en Lugo, a Xornada de benestar dixital familiar, coa que se pretende fomentar a convivencia saudable coas pantallas e cos dispositivos electrónicos dentro das unidades familiares e promover hábitos axeitados na contorna dixital. Diríxese polo tanto a impulsar un uso seguro e enriquecedor das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
A xornada de lecer dixital, impulsada pola Dirección Xeral de Saúde Pública, remarca a importancia de “establecer un equilibrio entre as actividades dixitais e o tempo en familia; fomentar a busca de contidos educativos e de entretemento que acheguen valor e, tamén, definir unhas pautas de conduta dixital na que os adultos sexan modelos de comportamento para os nenos”.
O evento estenderase desde as 12.00 horas ata as 20.00 horas e está deseñado para que poidan participar todos os integrantes da familia. Vertebrarase ao redor de catro eixes de actividades.
Por unha banda, celebrarase un torneo de Mario Kart no que adultos e pequenos participarán nun pequeno campionato interxeracional. Ademais, artellarase un obradoiro no que se proporcionarán pautas e ferramentas sobre os contidos axeitados para cada franxa de idade. A terceira das actividades consistirá en sesións que mesturarán lecer tradicional con sesións de lecer dixital, ao fin de conxugar ambos entretementos na vida cotiá. Finalmente, desenvolverase un obradoiro no que se presentarán as últimas tendencias do lecer dixital e os vindeiros retos tecnolóxicos: realidade virtual, intelixencia artificial, etc.
Xunto co anterior, o evento contará con actividades formativas, habilitándose espazos de lecer e outras experiencias dixitais, “na procura de xerar un ambiente máis ameno e distendido”, informou a Consellería.
A participación no evento é de balde e non precisa de inscrición previa. As familias que desexen participar simplemente deberán achegarse ata a sede da Xunta en Lugo, na rolda da Muralla.
Unha vez alí, completarán un formulario -mediante un código QR-, para recompilar a información sobre os seus hábitos dixitais e os seus datos persoais, co propósito de xerar unha base de datos e así realizar un seguimento posterior da aplicación do plan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?