Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Meta ficha ao responsable do equipo de deseño de Apple
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Meta ficha ao responsable do equipo de deseño de Apple

Redacción
Publicado: 03/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

alan_dye_g7rnomnxmaakr3b.jpgEstamos afeitos a escoitar novas sobre fichaxes de grandes figuras profesionais do eido da IA por parte de Meta, pero desta volta a sorpresa é porque a compañía de Mark Zuckerberg roubou un executivo de Apple no ámbito do deseño, Alan Dye, quen hai pouco foi o responsable de presentar ao mundo a interface Liquid Glass que adoptaron os sistemas operativos da compañía de Cupertino.
Esta fichaxe por parte de Meta respondería á aposta da empresa polos dispositivos de consumo equipados con intelixencia artificial, de xeito que a captación de talento externo pode axudar a dinamizar este tipo de produtos.
Dye, responsable do equipo de deseño de interface de Apple desde 2015, comunicou esta semana á compañía que abandonaba o cargo. Incorporarase a Meta o 31 de decembro como director xeral de deseño, liderando un novo estudio encargado da unificación do deseño de hardware, software e integración de IA. O seu labor estará directamente vinculado a Reality Labs e reportará ao director de tecnoloxía de Meta, Andrew Bosworth, con foco en dispositivos de consumo como lentes intelixentes e cascos de realidade virtual.
Apple confirmou a marcha a través dunha declaración facilitada a Bloomberg News. Nela, o conselleiro delegado, Tim Cook, anunciou que o veterano Stephen Lemay asumirá a dirección do equipo de deseño de interface.
A saída de Dye agrava a fuga de talento que a área de deseño da compañía vén experimentando desde a marcha de Jony Ive en 2019. O propio Dye asumira aquel momento un papel máis protagonista, definindo a estética e a experiencia de uso dos sistemas operativos máis recentes, das aplicacións nativas e de produtos icónicos como o iPhone X, o Apple Watch ou Apple Vision Pro. O seu equipo tamén estaba implicado no desenvolvemento dunha nova xeración de dispositivos domésticos intelixentes.
A situación chega nun período especialmente sensible para Apple, que encadea baixas de alto nivel. En novembro retirouse Jeff Williams, histórico director de operacións; e esta mesma semana John Giannandrea, responsable da estratexia de IA e aprendizaxe automática, anunciou a súa saída tras anos nos que a compañía tratou de recuperar o terreo perdido nesta tecnoloxía. O pasado outono tamén se retirou Dan Riccio, antigo responsable de hardware.
Meta, pola súa banda, reforza con esta fichaxe a súa ambición de converterse nun referente en hardware de consumo. Xunto con Dye incorpórase tamén Billy Sorrentino, directivo de Apple desde 2016. O novo máximo responsable de deseño supervisará tamén o traballo dos actuais líderes da área en Meta: Josh To, Jason Rubin e Peter Bristol.


Vídeo no que Alan Dye presenta Liguid Glass

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?