Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto do 95% cos cativos de entre 10 e 15 anos empregan dispositivos electrónicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto do 95% cos cativos de entre 10 e 15 anos empregan dispositivos electrónicos

Redacción
Publicado: 03/12/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

2025_informe-rapacinos.jpgO 84,3 % das persoas de Galicia de entre 5 e 15 anos empregou dispositivos electrónicos nos últimos tres meses, unha porcentaxe que medra ata o 94,8 % no tramo de 10 a 15 anos. Segundo os datos do estudo Rapaciñ@s dixitais. Edición 2024, elaborado polo OSIMGA (adscrito á AMTEGA), o nivel de dixitalización nestas idades recupera a tendencia ascendente tras a caída rexistrada en 2023.
As diferenzas de xénero en todos os indicadores son mínimas. Case todas as cifras apuntan a un maior nivel de dixitalización nas vilas de tamaño medio (entre 5.000 e 20.000 habitantes). A provincia cun índice máis alto entre a poboación de 5 a 15 anos é Pontevedra.
Os datos proceden da Enquisa Estrutural aos Fogares realizada polo IGE, que os cede a OSIMGA ao abeiro dun acordo de colaboración.
A maioría accede á Rede desde idades temperás
2025_informe-rapacinos-uso_dispositivos.jpgO 83,6 % da rapazada de 5 a 15 anos conectouse algunha vez a Internet, e o 83 % fíxoo nos últimos tres meses. Entre os 10 e os 15 anos, a porcentaxe supera o 94 %.
Por idades, as nenas de 5 a 9 anos incorpóranse antes á rede ca os nenos, aínda que entre os 10 e os 15 anos a diferenza desaparece. Nos fogares en risco de pobreza, o uso da Internet é incluso superior á media.
Pontevedra lidera o uso da rede entre a xente máis nova: o 88 % dos menores de 5 a 15 anos navegou pola Internet nos últimos tres meses. Entre os concellos galegos con máis habitantes, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo superan o 87 % de persoas nesas idades que se conectaron á rede nese período. Nos concellos de entre 10.000 e 20.000 habitantes rexístranse as maiores taxas de conexión.
Usos da Internet e dispositivos
O smartphone incrementa a súa presenza entre os 5 e os 15 anos ata o 61,3 %. O ordenador mantén un uso do 62,3 %, e case todas as persoas que afirman utilizalo conéctanse á rede (59,9 %).
As actividades máis habituais son as videoconferencias (73,1 %) e os cursos en liña (66,7 %). Tamén medran máis de oito puntos a procura de información (52,1 %) e a lectura de novas (34,6 %), o que amosa unha maior diversificación dos usos dixitais.
Xuventude galega: liderado en comercio electrónico e administración en liña
A mocidade de 16 a 34 anos supera o nivel de uso da Internet do conxunto da poboación, agás nas actividades relacionadas coa saúde ou coa banca electrónica, ámbitos nos que destacan as persoas maiores de 35 anos. Porén, a xente nova supera amplamente os grupos de máis idade en tarefas como «copiar ou mover ficheiros ou cartafoles», onde marca 28 puntos porcentuais máis ca a poboación de 35 a 74 anos.
O 86,4 % da mocidade galega realiza compras pola Internet, máis de 24 puntos por riba das persoas maiores de 35 anos.
Tamén encabeza o uso da administración electrónica, con vantaxes de 10 puntos porcentuais respecto dos outros grupos de idade.
En materia de ciberseguridade, o 17,9 % dos rapaces declarou ter sufrido algún incidente no último ano, case un punto por riba da media xeral (17 %).
Galicia, entre as comunidades mellor equipadas para a educación dixital
Nos fogares con menores escolarizados, a presenza de ordenadores supera en 18,2 puntos a dos fogares sen alumnado. Tamén destaca a dispoñibilidade de tablets, consolas con acceso á rede e televisores intelixentes.
Nos centros educativos, Galicia sitúase no segundo posto en implantación de contornos virtuais de aprendizaxe, no cuarto en aulas con sistemas dixitais interactivos e no quinto en conexións superiores a 100 Mbps. A ratio de alumnado por ordenador é de 2, mellor ca a media estatal (2,6).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?