Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña impulsou con Mercanavila.gal 93.453 bonos descargados a prol do comercio local
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña impulsou con Mercanavila.gal 93.453 bonos descargados a prol do comercio local

S. P.
Publicado: 04/12/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_coruna_balance_mercanavila_2.jpgO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, mantiveron unha reunión para facer balance do programa MercaNaVila, a iniciativa pioneira posta en marcha pola Deputación para impulsar o consumo nos establecementos de proximidade dos concellos de menos de 20.000 habitantes.
Segundo fixeron saber, MercaNaVila puxo á disposición da cidadanía bonos desconto de ata 100 euros por persoa para realizar compras en comercios locais adheridos.
A iniciativa, deseñada para activar o consumo e reforzar o tecido económico das vilas pequenas e medianas da provincia, “acadou cifras históricas”, superando “con creces as previsións iniciais”, segundo apuntou González Formoso, quen concreou que “entre o 20 de outubro e o 3 de decembro descargáronse 93.453 bonos nos dispositivos da cidadanía, rexistráronse preto de 300.0000 operacións de compra e mobilizáronse 16 millóns de euros en vendas nos 1.080 establecementos adheridos de toda a provincia”.
O presidente provincial agradeceu “a implicación total que sentimos por parte dos comerciantes de toda a provincia”, que fixeron a campaña súa e participaron activamente na súa difusión. “Máis que as cifras, valoramos moito as mensaxes que nos mandan os comerciantes por distintas vías e que coinciden en que axudou a moitos comercios a incrementar as súas cifras de vendas nunha época difícil e incluso a evitar o peche de negocios”.
Xa lles digo que MercaNavila vaise manter no tempo, que a aposta é de longo prazo e que non só iso, senón que xa estamos deseñando xunto á Federación Galega de Comercio unha campaña aínda máis ambiciosa para 2026 porque vemos que merece a pena e que ten un impacto moi importante”, afirmou o presidente.
Pola súa banda, o presidente da Federación, José María Seijas, destacou o éxito da iniciativa e lanzou unha mensaxe clara: “Debemos felicitar á Deputación pola súa aposta decidida polo comercio da provincia. MercaNaVila demostra que cando hai compromiso, hai resultados. O comercio é vida: onde hai comercio hai vida. Animamos ás demais deputacións galegas a impulsar programas semellantes”.
A deputada de Emprego, Rosa Ana García, subliñou que o impacto foi moito máis alá do económico: “A aposta foi enorme, pero o retorno ten sido maior. Poñer en marcha MercaNaVila supuxo un desafío, non so en termos económicos, senón pola complexidade do sector. Non procurábamos unicamente incentivar as vendas nos comercios, senón xerar dinamismo económico nos concellos máis pequenos, revertendo incluso a tendencia habitual. Con este programa logramos que persoas das cidades se desprazasen ás vilas a mercar e, de paso, aproveitasen para comer alí ou mesmo pasar a fin de semana nun hotel rural”, subliñou Rosa Ana García.
Na reunión reafirmouse o compromiso de manter e reforzar a colaboración coa Federación Galega de Comercio, avanzando novas accións conxuntas para fortalecer o sector. Entre elas, a realización dun censo comercial completo que permita coñecer a situación real do tecido económico e definir medidas máis eficaces.
Os datos finais de balance de MercaNaVila revelan unha forte mobilización do comercio local en toda a provincia, con Noia á cabeza das vendas ao concentrar case o 10% do total (1,72 millóns de euros e máis de 29.000 operacións), seguida de Boiro, que supera os 1,42 millóns de euros, e Ordes, que rolda os 1,15 millóns. Tamén destacan Cee, con 1,12 millóns, e As Pontes e Betanzos, ambas por riba dos 820.000 euros. A Pobra, Melide, Arzúa ou Padrón completan o grupo de concellos que superan amplamente o medio millón de euros en vendas, evidenciando o impacto positivo e equilibrado do programa no comercio de proximidade en todo o territorio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?