Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Decenas de estudantes da USC participaron no V Foro EQ-ETSE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Decenas de estudantes da USC participaron no V Foro EQ-ETSE

S. P.
Publicado: 04/12/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

202501204_usc_foro_empresas_eq-etse-4.jpgA Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago acolleu este xoves 4 de decembro unha nova edición do Foro de Empresas EQ-ETSE, espazo de interacción real entre o estudantado universitario e o tecido produtivo galego e estatal. Ao longo da mañá, converteuse nun punto de encontro estratéxico onde empresas e futuros profesionais puideron intercambiar propostas, necesidades e expectativas.
A directora da ETSE, Julia González, destacou durante a inauguración do foro “a importancia de manter un diálogo constante co tecido empresarial para garantir unha formación plenamente conectada coa realidade do sector”.
202501204_usc_foro_empresas_eq-etse-1.jpgNesta quinta edición participaron máis de vinte entidades vinculadas a ámbitos clave como a enxeñaría, a industria química, a subministración enerxética, a transformación de materiais ou a xestión hídrica. Ao foro asistiron empresas consolidadas como Repsol, Viaqua, EXLABESA, FINSA, FORESA, Idom, REGANOSA, Espina y Delfín, Alcoa, Segula Technologies, Medrar, Lonza ou o Grupo Voltan. Tamén estiveron presentes os centros tecnolóxicos Aimen e Cetaqua; o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (COETICOR); e os clúster Bioga e Viratec, que achegou perspectiva en sustentabilidade e innovación verde.
202501204_usc_foro_empresas_eq-etse-2.jpgXunto ás compañías, participaron entidades profesionais e áreas da propia USC centradas na orientación laboral e a transferencia de coñecemento, que completaron unha xornada marcada polo contacto directo e a adquisición de información útil para a progresión profesional do alumnado.
O programa comezou co acto de benvida, presidido pola directora da ETSE, Julia González, directora de ETSE, que estivo acompañada polo subdirector da ETSE, Óscar Rodríguez; polo coordinador do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos, Héctor Rodríguez; polo director do departamento de Enxeñaría Química, Juan Garrido, e pola coordinadora de prácticas do Grao en Enxeñaría Química, Gemma Eibes.
202501204_usc_foro_empresas_eq-etse-3.jpgTrala inauguración, iniciouse o bloque de intervencións breves nas que cada organización presentou as súas principais liñas de actividade, os seus retos inmediatos e os perfís profesionais que buscan incorporar a medio e a longo prazo. Estas exposicións permitiron ao estudantado obter unha visión actualizada das demandas do sector e dos itinerarios profesionais emerxentes.
O Foro entrou despois na súa fase máis dinámica: o espazo de networking. Durante varias horas, estudantes de grao e mestrado en Enxeñaría Química; dos grados en Biotecnoloxía e Matemáticas, e doutras titulacións da área científico-técnica da Universidade de Santiago mantiveron conversas individuais cos responsables de selección e de equipos técnicos das empresas participantes. O intercambio de currículos, a explicación de proxectos persoais e o interese por prácticas ou primeiros empregos foron protagonistas dun fluxo constante de interaccións.
Segundo trasladaron representantes das compañías, a cita converteuse nunha oportunidade “clave para detectar perfís preparados, motivados e con capacidade de adaptación aos retos tecnolóxicos actuais”. Pola súa parte, o alumnado destacou a utilidade de poder dialogar en primeira persoa con profesionais do sector e coñecer procesos de selección reais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?