Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A APG presenta o número 10 de Comunica, centrado na innovación na comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A APG presenta o número 10 de Comunica, centrado na innovación na comunicación

Redacción
Publicado: 09/12/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

251209_cltura_rvistadxital-5.jpgA Asociación de Periodistas de Galicia (APG) presentou hoxe en Santiago de Compostela o número 10 da revista Comunica, dedicado ao estado da innovación na comunicación en Galicia. No acto participaron o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o director institucional territorial noroeste do Banco Sabadell, Adolfo García-Ciaño; a presidenta da APG, María Méndez; e o catedrático da USC e director do informe monográfico, Francisco Campos Freire.
251209_cltura_rvistadxital-2.jpg Durante a presentación, López Campos puxo o acento no papel decisivo que están chamadas a desempeñar as novas tecnoloxías nas transformacións sociais, económicas e culturais, e animou «a tirar proveito dos retos que estas poden supor como oportunidades creativas». O titular de Cultura gabou a revista por «combinar rigor científico cun ton divulgativo, a través dun xornalismo útil» e considerou especialmente acaído o enfoque desta edición: «pór o foco nas novas tecnoloxías» nun momento no que, segundo subliñou, «ningún estrato pode quedar á marxe, tampouco o cultural». Nesa mesma liña avanzou que a Xunta poñerá en marcha no segundo semestre de 2026 o Centro de artes dixitais de Galicia na Cidade da Cultura, «o que suporá situar a nosa Comunidade tamén na primeira liña neste ámbito», celebrou.
comunica_10_portada.jpg A nova edición de Comunica inclúe o informe O estado da innovación na comunicación en Galicia, elaborado pola APG en colaboración coa Xunta, a Universidade de Santiago e o Banco Sabadell. O estudo ofrece unha análise diacrónica dos procesos innovadores nos medios galegos —prensa, radio, televisión e formatos dixitais— e noutras expresións comunicativas como a ficción audiovisual, a dobraxe, o teatro, a música, a publicidade, a comunicación institucional, a fotografía ou o deseño gráfico.
María Méndez destacou que o proxecto naceu para mostrar que «a historia e o futuro da comunicación en Galicia están sementados da implementación de novas ideas» e que agora requiren «un maior respaldo das políticas públicas». Pola súa banda, Francisco Campos lembrou o peso das industrias culturais, da comunicación e das TIC, que representan máis do 2 % do PIB galego, con máis de dez mil empresas e unha facturación superior aos mil cincocentos millóns de euros en 2024, cifras equiparables ás da Unión Europea.
Entre as principais conclusións, o informe identifica como retos centrais a transición dixital e o aproveitamento da revolución da intelixencia artificial. Propón planificar un mapeo da estrutura económica e produtiva das industrias culturais e creativas (ICC) galegas para orientar decisións estratéxicas no período 2025-2050 e reclama políticas públicas que non sexan alleas ás oportunidades de renovación das ICC, dada a súa relevancia económica e simbólica para Galicia. O documento salienta tamén a necesidade de reforzar a alfabetización dixital, impulsar o emprendemento creativo, actualizar os sistemas de formación e promover maior interoperabilidade nos servizos públicos para garantir o acceso universal, especialmente da poboación de maior idade.
O estudo aposta igualmente por reactivar dinámicas de colaboración profesional, analizar a creación dun fondo de capital-risco cultural e mediático, impulsar programas de inmersión en IA para profesionais do sector, recuperar arquivos e contidos mediante ferramentas dixitais e fomentar a plataformización de servizos OTT para multiplicar a visibilidade das ICC galegas nas redes sociais. Ademais, destaca a importancia de proxectar territorialmente marcas como Galicia Calidade e Xacobeo, así como de preservar a diplomacia cultural como elemento distintivo da identidade galega.
O número 10 de Comunica constitúe así un chamamento a aproveitar as posibilidades que ofrece a innovación para fortalecer un ecosistema cultural e comunicativo en transformación, nun contexto no que a Xunta reivindica o papel estratéxico das tecnoloxías emerxentes e prepara novas infraestruturas para situar Galicia na vangarda das artes dixitais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?