Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A xestión educativa incorporará IA para mellorar o éxito escolar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A xestión educativa incorporará IA para mellorar o éxito escolar

Redacción
Publicado: 09/12/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

251209_pte_consello_dcs_03.jpgA Xunta deu inicio ao proceso de contratación do proxecto EdugalIA, a nova iniciativa coa que o Goberno galego pretende incorporar a intelixencia artificial á xestión e avaliación educativa para avanzar na mellora do éxito escolar. Segundo explicou o presidente Alfonso Rueda, Galicia converterase así na primeira comunidade en España en aplicar este tipo de ferramentas para previr o abandono educativo e optimizar a xestión dos centros.
O Consello da Xunta aprobou a posta en marcha da primeira fase, considerada xa unha das iniciativas tecnolóxicas máis relevantes do país no ámbito educativo. O proxecto conta cun orzamento global de dezaseis millóns e medio de euros, dos que case dez proceden da Compra Pública Innovadora, converténdose no maior financiamento estatal logrado ata agora para unha proposta deste tipo. Desta partida, trece millóns e medio destinaranse ás dúas fases operativas: unha de servizos de I+D e outra de adquisición e despregadura das solucións.
O plan contempla o desenvolvemento dun ecosistema dixital integrado que permitirá aplicar analítica avanzada, sistemas de alerta temperá e ferramentas de simulación para apoiar a toma de decisións educativas. A integración das fontes de información facilitará a detección precoz de situacións de risco, como o abandono escolar, unha mellor asignación de recursos especializados e unha atención máis personalizada ao alumnado. «Alertar sobre o posible risco de abandono, saber que factores inflúen ou identificar que centros precisan máis recursos» serán algunhas das súas capacidades, apuntou Rueda.
Entre as novidades para estudantes e familias destaca a creación, por primeira vez, dun expediente académico dixital único que reunirá toda a traxectoria educativa do alumno. Tamén se habilitará un espazo de interacción entre centros, alumnado, familias e Administración para consultas e trámites, co obxectivo de ofrecer información máis áxil e personalizada. Ademais, a Administración poderá facer un seguimento preciso da evolución do abandono escolar mediante técnicas analíticas avanzadas.
EdugalIA estrutúrase en tres eixes principais: a modernización da gobernanza educativa, a creación do expediente dixital e a posta en marcha dun punto único de acceso á información relevante para alumnado e familias. No ámbito da gobernanza, o proxecto integrará datos procedentes de múltiples fontes para avaliar o impacto das políticas educativas e facilitar o labor dos departamentos de orientación a través da plataforma Galiorienta.
O expediente dixital incluirá información de identificación, escolarización, historial académico, necesidades educativas específicas e outros datos relevantes, acompañando ao alumno ao longo de todo o seu percorrido polo sistema educativo e facilitando as transicións entre etapas e centros. No terceiro eixe habilitarase un sistema unificado desde o que alumnado e titores poderán realizar consultas e trámites vinculados á súa relación coa Consellería, desde procedementos administrativos ata orientación en procesos como a solicitude de bolsas.
O proxecto deseñarase baixo estritos criterios de protección de datos, privacidade e xestión de permisos. Para garantir o seu rigor, a Xunta constituíu un grupo asesor multidisciplinar formado por especialistas das universidades galegas, centros de investigación, expertos en gobernanza educativa, pedagoxía, análise de datos e intelixencia artificial, que contribuíron á definición da arquitectura, indicadores, principios éticos e cuestións de seguridade.
Tras varios meses de traballo deste grupo, a Administración dá agora o primeiro paso formal: a contratación da fase de I+D prevista entre 2026 e 2028, seguida da implementación das solucións entre 2028 e 2030.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?