Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Orixes aspira a obter un dos principais premios europeos de arte dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Orixes aspira a obter un dos principais premios europeos de arte dixital

Redacción
Publicado: 09/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

orixes-integracion.jpgA experiencia inmersiva Orixes, impulsada pola Xunta de Galicia, aspira este martes en Bruxelas a facerse cun dos principais premios internacionais das artes dixitais: os XR Awards na categoría de Mellor Experiencia Artística. A proposta, desenvolvida pola Cidade da Cultura en colaboración coa empresa galega Maxina, é unha das tres únicas seleccionadas en España como finalista.
O Goberno galego considera esta clasificación un recoñecemento á calidade das experiencias de arte dixital que se están a impulsar na Comunidade e, en particular, no Gaiás en alianza con operadores privados, como neste caso Maxina. Salienta tamén que non é un feito illado e lembra proxectos como Hábitats (producido igualmente pola Cidade da Cultura), que en 2024 foi incluído polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea entre as iniciativas dixitais máis destacadas do país.
Os AIXR XR Awards, organizados pola Academia Internacional de Realidade Estendida, distinguen a innovación no ámbito das tecnoloxías inmersivas a nivel global. Considerados unha referencia internacional, buscan apoiar proxectos pioneiros e promover unha comunidade que conecte profesionais e innovadores do sector tecnolóxico de todo o mundo. Dirixida polo artista visual Carlos Seijo, Orixes estreouse no Museo Gaiás, onde máis de 30.000 visitantes puideron desfrutar dunha viaxe no tempo polas distintas etapas de formación do planeta e dos primeiros pasos da vida. A través da tecnoloxía de realidade mixta, que superpón capas virtuais sobre a arquitectura física, o público camiñou simultaneamente polo espazo real e polo dixital.

Aposta pola arte dixital

orixes_250329559.jpgA Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude interpreta estes recoñecementos como un aval ao labor que se está a desenvolver desde a Cidade da Cultura, onde avanza a construción do que será o primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia, previsto para entrar en funcionamento en 2026. Orixes ou Hábitats son dous exemplos dunha liña de programación que o Gaiás mantén desde hai anos como unha das súas prioridades, xunto con propostas como Carne y Arena, o Galiverso, Castelao. Mirar por Galicia ou, máis recentemente, o foro de cultura e creación dixital SINTE, que reuniu en Santiago de Compostela a destacados referentes internacionais da arte dixital.
En consonancia cos principios da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, a Xunta subliña que este tipo de experiencias dixitais adoitan eliminar barreiras arquitectónicas e incorporar solucións que favorecen a inclusión. No caso de Orixes, empregáronse chalecos táctiles de vibración, unha tecnoloxía que enriquece a percepción sensorial, especialmente útil para persoas xordas ou con dificultades de audición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?