Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Denuncian que as tendas de aplicacións móbiles non respectan as sancións impostas polos EE.UU.
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Denuncian que as tendas de aplicacións móbiles non respectan as sancións impostas polos EE.UU.

Redacción
Publicado: 10/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aqeexrprevya3xxx_digitalappicons.jpgUnha investigación do Tech Transparency Project (TTP) destapou que decenas de compañías incluídas na lista de sancións do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos conseguiron manter aplicacións dispoñibles nas tendas de Apple e Google. O achado cuestiona a eficacia dos sistemas de control das dúas multinacionais, que aseguran cumprir estritamente coa normativa.
O informe identifica 52 aplicacións na App Store con vínculos directos a entidades sancionadas, e 18 na Google Play Store. Entre elas figuran bancos rusos que financian a guerra en Ucraína, unha organización paramilitar chinesa implicada en abusos contra a poboación uigur e unha empresa asociada a un narcotraficante lituano.
A presenza destas aplicacións móbiles non só implica unha plataforma de difusión, senón tamén posibles transaccións financeiras. Apple cobra unha taxa anual aos desenvolvedores e Google un pagamento único, o que podería supoñer ingresos derivados de entidades bloqueadas. A OFAC, organismo encargado de aplicar as sancións, lembra que a responsabilidade civil pode recaer mesmo cando a empresa “non sabía ou non tiña razón para saber” que estaba facilitando servizos a un actor sancionado.
ap-fmbprevya3tev_screenshot2025.jpg Apple xa fora multada en 2019 por un caso semellante, cando permitiu a distribución dunha aplicación vinculada a un traficante esloveno. Naquel momento comprometeuse a reforzar os seus sistemas de detección, pero 6 anos despois o TTP conclúe que continúa fallando en identificar variacións mínimas de nomes ou sufixos empresariais.
Entre os exemplos máis destacados figuran catro aplicacións do banco ruso Ural FD, sancionado en 2024, con máis de 20.000 descargas rexistradas en Rusia. Tamén se localizaron aplicacións móbiles do Vietnam-Russia Joint Venture Bank, sancionado en 2022, e da empresa chinesa Chang Guang Satellite Technology, acusada de fornecer imaxes ao grupo Wagner.
ap-aw7prevya3tuw_screenshot2025.jpg No caso de Google, detectáronse aplicacións ligadas a Gazprom Neft e Gazprombank, sancionados en 2024 e 2025, con descargas que superan o millón en Rusia.
Tras recibir a listaxe de aplicacións, Apple retirou 18 delas e Google eliminou 17, aínda que varias permaneceron dispoñibles durante meses despois da imposición das sancións. Ningunha das dúas compañías respondeu ás preguntas sobre os seus procesos de revisión, limitándose a reiterar que cumpren coa normativa vixente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?