Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un artigo sobre o impacto mental da Internet gaña o Premio Reimóndez Portela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un artigo sobre o impacto mental da Internet gaña o Premio Reimóndez Portela

Redacción
Publicado: 10/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aestrada_2025-decembro.jpgNa edición na que o Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela celebra tres décadas de traxectoria, a xornalista Raquel Campos Pico obtén por segunda vez este galardón. O xurado escolleu a reportaxe Non estamos ben en internet entre as 21 candidatas presentadas ao certame que leva o nome do médico e humanista de San Miguel de Castro.
O tribunal estivo integrado por Lois Docampo Míguez, David Cofán Mazás, Ana Cela Neira, Yuri Carrazoni Mier, Juan Andrés Fernández Castro e María Victoria Reimóndez Sanmartín. Logo de avaliar os traballos e contrastar opinións, acordaron por maioría conceder o XXX Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela á reportaxe gañadora, unha peza en profundidade que analiza o impacto da hiperconexión na saúde mental e no benestar emocional, ademais de expor como a conexión permanente opera hoxe como unha nova forma de presión laboral.
O fallo destaca que Non estamos ben en internet aborda cuestións de plena actualidade con enfoques diversos, combinando voces coas que o lector pode identificarse con outras de carácter máis profesional que afondan na análise sen caer na superficialidade. Subliña tamén que ofrece unha lectura fluída que atrapa dende o primeiro parágrafo e que introduce o paradoxo de que, na era da información, o maior risco é a desinformación, reivindicando como resposta un xornalismo pausado e reflexivo.
Coñecida a decisión, a edil estradense de Cultura, Lucía Seoane, comunicou o resultado á galardoada. Lembrou ademais que se trata da segunda ocasión na que un traballo de Raquel Campos Pico resulta premiado neste certame: en 2016 obtivera o recoñecemento pola reportaxe Descubrindo á esquecida Marquesa Roja.
Graduada en Ciencias da Información en 2007, Raquel C. Pico desenvolveu a súa carreira en medios dixitais e, dende hai unha década, exerce como freelance. Natural de Santiago, traballa entre Compostela e Vigo. Recoñece que se presenta con frecuencia a este premio e admite estar «nos dous lados» do fenómeno da hiperconexión, tanto polo seu impacto laboral como pola súa dimensión persoal. A reportaxe premiada incorpora tamén esa dobre mirada, contrapondo a necesidade de estar permanentemente conectados coa idea de que poder desconectar e apagar o móbil comeza a converterse nun privilexio de clase.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?