Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A revista Time escolle aos arquitectos da IA como Persoa do Ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A revista Time escolle aos arquitectos da IA como Persoa do Ano

Redacción
Publicado: 11/12/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

time_architects_ai_cover.jpgA revista Time anunciou que a súa Persoa do Ano 2025 son os chamados arquitectos da intelixencia artificial, un grupo de líderes tecnolóxicos que marcaron o rumbo da sociedade ao acelerar o desenvolvemento e a implantación desta tecnoloxía. A decisión reflicte tanto o impacto económico e político da IA como as controversias que a acompañan, na liña das eleccións dos anos anteriores (Donald Trump, Taylor Swift, Volodymyr Zelenskyy, Elon Musk, Greta Thunberg…).
Entre os protagonistas destaca Jensen Huang, director executivo de nVIDIA, compañía que se converteu na máis valiosa do mundo grazas ao seu dominio nos chips que alimentan a revolución da IA. Huang, que defende que esta tecnoloxía pode multiplicar por cinco o PIB global, é presentado como unha figura central nunha transformación que vai máis alá do mercado e penetra na diplomacia e na xeopolítica.
Time tamén sinala a influencia de Sam Altman, que consolidou OpenAI como un coloso de 500.000 millóns de dólares, e de Elon Musk, que impulsou a construción de centros de datos a un ritmo récord. Outros nomes como Mark Zuckerberg, Demis Hassabis ou Dario Amodei aparecen igualmente vinculados a un ano no que a IA deixou de ser unha promesa para converterse nunha infraestrutura crítica.
O artigo lembra que 2025 foi o ano no que a intelixencia artificial entrou de cheo na vida cotiá: desde ferramentas de programación que escriben código por si mesmas ata chatbots que xa son empregados por millóns de persoas para tarefas creativas, laborais ou mesmo emocionais. Ao tempo, medraron as preocupacións sobre os riscos, desde a desinformación ata os problemas de saúde mental derivados do uso intensivo destas tecnoloxías.
A elección de Time busca captar esa tensión entre a utopía e a distopía. Por unha banda, a promesa dun futuro de abundancia e produtividade; pola outra, o temor a que a concentración de poder e riqueza en mans de unhas poucas empresas provoque desigualdades e crises sociais. A revista resume así un ano no que a humanidade entrou, sen freos, nunha nova era marcada pola intelixencia artificial.

Contidos
  • Neal Mohan, CEO do Ano
  • A sorpresa do ano!

Neal Mohan, CEO do Ano

time-ceo-of-the-year-2025-neal.jpgCómpre salientar que a revista Time tamén ten outra escolla moi tecnolóxico para pechar o ano, coa elección de Neal Mohan como CEO do Ano 2025, salientando así o seu bo facer á fronte de YouTube dende 2023.
Time destaca a súa capacidade de consolidar YouTube como actor central na economía da atención, ampliando a súa influencia desde os móbiles ata as pantallas de televisión e converténdoo nunha plataforma clave para música, podcasts e deportes. A revista subliña o seu estilo sereno e accesible, a habilidade para negociar acordos estratéxicos como o da NFL, o impulso a ferramentas de intelixencia artificial que facilitan a creación de contidos e a súa proximidade cos creadores, aos que considera o motor do ecosistema. Todo isto, unido á súa visión tecnolóxica e á destreza para xestionar conflitos con grandes compañías e institucións, conforma o perfil que lle valeu este recoñecemento.

A sorpresa do ano!

time_avance_ano_2025.jpgMáis sorprendente foi a elección do Avance do Ano 2025, recoñecemento normalmente reservado a grandes avances científicos (moitas veces ligados ao ámbito da saúde, como a vacina da COVID-19 ou os medicamentos da familia do Ozempic), xa que recaeu no éxito de Netflix Las guerreras K-pop.
A publicación estadounidense considera que esta produción conseguiu superar todas as expectativas nun mercado dominado por franquías coñecidas: foi o filme máis visto da historia de Netflix, con máis de 325 millóns de reproducións en tres meses, liderou a billeteira en proxeccións cinematográficas e acadou nomeamentos aos Grammy e aos Globos de Ouro. O seu éxito naceu dunha proposta orixinal e arriscada, cunha estética que mestura K-pop, dramas coreanos e anime, acompañada dunha banda sonora que encabezou as listaxes globais. Ademais de conquistar públicos diversos —desde nenos ata celebridades—, reforzou a forza da onda cultural coreana e transmitiu unha mensaxe universal de autoaceptación, demostrando que novas voces e historias poden dominar a cultura mundial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?