Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Disney acusa a Google de infrinxir dereitos de autor a través da súa IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Disney acusa a Google de infrinxir dereitos de autor a través da súa IA

Redacción
Publicado: 11/12/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

2849b215c76f2c14194aab5687105106.jpgDisney enviou un escrito de cesamento e desistimento a Google no que acusa á compañía de utilizar obras protexidas para adestrar e distribuír contidos xerados por intelixencia artificial sen autorización. Segundo a carta, redactada polo despacho Jenner & Block en representación da multinacional, Google estaría copiando un amplo corpus de creacións de Disney para desenvolver modelos de IA e comercializar imaxes e vídeos que reproducen personaxes emblemáticos como Frozen, O Rei León, Masacre ou Star Wars.
A empresa inclúe exemplos de imaxes xeradas mediante prompts nos servizos de Google, entre elas representacións de Darth Vader. O escrito reclama que se deteña de inmediato a copia, exhibición pública, distribución e creación de obras derivadas dos seus personaxes, tanto en aplicacións de IA como en plataformas integradas, incluíndo YouTube e YouTube Shorts.
Bob Iger, conselleiro delegado de Disney, declarou nunha entrevista na CNBC que a compañía leva tempo advertindo a Google sobre estas prácticas e que, ante a falta de avances nas conversas, non quedou outra opción que enviar a notificación formal. «Fomos agresivos na defensa da nosa propiedade intelectual e este é outro exemplo de como actuamos cando non se respecta», afirmou.
Disney tamén acusa a Google de aproveitar a súa posición dominante para promover tendencias virais que inclúen imaxes de figuras baseadas en personaxes da compañía. A carta cita mesmo unha publicación do CEO de Alphabet e Google, Sundar Pichai, na que se animaba a crear estas representacións mediante Gemini AI.
Este movemento chega despois de accións similares contra Meta e Character.AI, así como de demandas conxuntas con NBCUniversal e Warner Bros. Discovery contra Midjourney e Minimax. A estratexia evidencia a vontade de Disney de marcar límites claros no uso da súa propiedade intelectual no ámbito da intelixencia artificial, o que non implica unha intolerancia cos contidos creados mediante IA (pois veñen de licenciar boa parte dos seus personaxes a OpenAI).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?