Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha iniciativa quere invalidar as marcas asociadas a Twitter por falta de uso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha iniciativa quere invalidar as marcas asociadas a Twitter por falta de uso

Redacción
Publicado: 11/12/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

twitter_new.jpgA compañía estadounidense Operation Bluebird presentou unha petición formal ante a Sala de Xuízo e Apelación de Marcas da Oficina de Patentes e Marcas dos EE.UU. (USPTO) para solicitar a cancelación de dez das marcas máis emblemáticas asociadas a Twitter, hoxe en mans de X Corp. A organización sostén que a plataforma presidida por Elon Musk abandonou legalmente o uso destas marcas tras o seu rebranding como X e que, malia iso, continuou realizando declaracións falsas perante o regulador estadounidense. A documentación foi rexistrada o 2 de decembro de 2025.
Segundo expón a petición, X Corp. mantén activos rexistros como Twitter, tweet, Twitter flight ou Twitter amplify, mais deixou de utilizalas desde xullo de 2023, cando Musk anunciou publicamente que a empresa se despedía da identidade histórica da plataforma: «E pronto despedirémonos da marca Twitter e, de maneira gradual, de todos os paxaros» escribira en redes sociais o 23 de xullo dese ano. Para Operation Bluebird, esta decisión implica a perda da protección de marca por falta de uso continuado e pola ausencia de intención real de retomar a explotación comercial.
A entidade promotora da petición explica que aspira a empregar e rexistrar as marcas Twitter e tweet para novos produtos e servizos, incluída unha futura plataforma social baixo o dominio twitter.new, e que os rexistros en vigor lle impiden avanzar nese proceso. Bluebird afirma sentirse prexudicada polas denegacións e suspensións das súas solicitudes de marca debido á existencia das rexistros actualmente en poder de X Corp.
No apartado xurídico, a petición baséase en dúas alegacións principais: abandono e fraude. En canto ao abandono, Bluebird documenta a eliminación do termo tweet, a desaparición do paxaro azul e o cese xeralizado de uso de calquera marca asociada a Twitter nos produtos e servizos da compañía, que agora se presentan exclusivamente baixo a identidade X. Tamén detalla un número significativo de solicitudes e rexistros que X deixou caducar, como Twitter fleet, Twitter mirror, hashflag ou Tweet love, o que consideraría unha proba adicional de desinterese continuado pola familia de marcas orixinal.
A segunda alegación, máis grave, é a de fraude ante o USPTO. Bluebird afirma que X Corp. presentou extensións e declaracións de uso para marcas como Twitter amplify cando xa carecía de intención de empregalas comercialmente. A súa denuncia recolle que, o 23 de outubro de 2023, X Corp. declarou ao USPTO que seguía utilizando a marca Twitter en todos os bens e servizos cubertos polo rexistro 4422235, algo que, segundo a peticionaria, non se correspondía coa realidade da empresa tras o rebranding global á marca X.
Operation Bluebird tamén achega documentación sobre as asignacións recentes das marcas Twitter ás súas propias solicitudes, realizadas en xuño e decembro de 2025, co fin de demostrar lexitimidade na súa reclamación e interese comercial real no uso dos sinais distintivos agora en disputa.
A organización solicita ao USPTO que cancele na súa totalidade os dez rexistros afectados e demanda «calquera outro remedio» que o organismo considere axeitado. De prosperar, esta acción podería abrir a porta a que terceiros recuperen o uso comercial das marcas históricas de Twitter, cuxa explotación X Corp. parece ter abandonado en favor da súa nova identidade corporativa.
O caso queda agora nas mans da Sala de Xuízo e Apelacións, que deberá determinar se X Corp. mantén dereito sobre as marcas ou se, como afirma Operation Bluebird, perderon validez por falta de uso e pola eventual presentación de información enganosa ante a oficina de marcas estadounidense.
Cómpre salientar que detrás de Operation Bluebird está Michael Peroff, un avogado especializado en marcas, e Stephen Coates, quen avogado tamén especializado en marcas, que chegou a desempeñar un cargo de dirección nese ámbito en Twitter entre os anos 2014 e 2016.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?