Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Europa aproba novas medidas para pór freo a tendas como Shein e Temu
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Europa aproba novas medidas para pór freo a tendas como Shein e Temu

Redacción
Publicado: 12/12/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A Unión Europea avanza cara á introdución de aranceis sobre os envíos de comercio electrónico de baixo valor procedentes de terceiros países coa decisión adoptada polos Estados membros para aplicar un dereito aduaneiro de 3 euros por artigo aos paquetes de comercio electrónico cun valor inferior a 150 euros, unha medida que entrará en vigor en xullo de 2026.
Segundo explicou o Executivo comunitario, este novo arancel ten como obxectivo reforzar a competitividade das empresas europeas e garantir condicións de competencia máis xustas entre o comercio electrónico e o comercio tradicional. A medida responde ao forte incremento do volume de mercadorías adquiridas en liña e importadas na UE, unha tendencia que levou á Comisión e aos Estados membros a recoñecer a necesidade dunha solución urxente mentres non estea operativo o futuro EU Customs Data Hub, previsto para 2028 no marco da reforma aduaneira europea.
A Comisión e o Consello traballan actualmente para facer posible a aplicación deste mecanismo temporal mediante as modificacións legais correspondentes e o desenvolvemento dun sistema informático que asegure o seu funcionamento efectivo. O réxime permanente de dereitos aduaneiros entrará en vigor unha vez se poña en marcha o EU Customs Data Hub, que integrará de forma completa os novos datos aduaneiros relacionados co comercio electrónico e ofrecerá ás autoridades unha visión global das mercadorías que entran e saen do mercado comunitario.
O arancel temporal de 3 euros por artigo aplicarase exclusivamente aos paquetes enviados directamente aos consumidores desde países terceiros. Esta medida diferénciase da taxa de xestión da UE para envíos de comercio electrónico que se está a negociar en paralelo. Mentres o arancel busca eliminar unha vantaxe competitiva da que gozan actualmente determinados operadores en liña, a taxa de xestión pretende compensar os custos crecente que as autoridades aduaneiras asumen pola supervisión dun fluxo moi elevado de paquetes.
A Comisión subliña que as novas regras aduaneiras propostas na reforma reforzarán a unión aduaneira europea e dotarán os servizos de control de mellores ferramentas para protexer o comercio polo miúdo, o emprego no sector e os consumidores da UE. Trátase, sinala Bruxelas, dun paso clave para garantir un terreo de xogo equilibrado fronte á crecente competencia de plataformas dixitais estranxeiras.
Na actualidade, os envíos cun valor inferior a 150 euros procedentes de terceiros países e destinados directamente a consumidores da UE están exentos de dereitos aduaneiros. A Comisión propuxo eliminar esta exención en maio de 2023 como parte da reforma do sistema aduaneiro. A proposta inicial prevía a súa aplicación a partir de mediados de 2028, pero o Consello aprobou a supresión da exención o 13 de novembro de 2025 e instou a adiantar a súa entrada en vigor a 2026.
Ademais, en febreiro de 2025, a Comisión introduciu nunha comunicación sobre comercio electrónico a idea dunha taxa de xestión a escala da Unión para os envíos directos aos consumidores. Esta taxa foi incorporada polo Consello ao seu mandato negociador en xuño de 2025 e, segundo ese mesmo mandato, debería entrar en vigor en novembro de 2026. Tanto o seu contido definitivo como o calendario de aplicación seguen a ser obxecto de negociación entre o Consello e o Parlamento Europeo no marco dos diálogos tripartidos da reforma aduaneira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?