Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As galegas Cinfo e Quobis formarán parte do Pavillón de España en MWC Barcelona 2026
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As galegas Cinfo e Quobis formarán parte do Pavillón de España en MWC Barcelona 2026

S. P.
Publicado: 16/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Mobile-World-Congress-MWC-Preview.jpgA entidade estatal Red.es fixo oficial a listaxe das 49 pemes tecnolóxicas que integrarán o Pavillón de España na próxima edición de MWC Barcelona, que se celebrará do 2 ao 5 de marzo de 2026 en Fira Gran Vía de Barcelona. As 49 pemes seleccionadas dispoñerán dun stand personalizado no Pavillón, onde mostrar os seus produtos e servizos, así como acceso a espazos destinados ao labor comercial, tales como unha área de networking e salas de reunións. En representación do puxante tecido produtivo galego (tecido TIC) estarán Quobis e Cinfo.
As empresas poderán participar nunha ampla axenda de actividades organizadas por Red.es no marco do Pavillón durante MWC Barcelona, entre as que destacan un extenso programa de conferencias, con mesas redondas e presentacións de relatoras de primeiro nivel, e un ambicioso calendario de networking con visitas de delegacións empresariais internacionais, sectoriais e institucionais, así como o afterwork e o cóctel oficial.
As empresas participantes tamén contarán cun nutrido catálogo de servizos para sacar o máximo aproveitamento á súa participación no Congreso, tales como un servizo de captación de leads e presenza en contidos promocionais, entre outros.
Na última edición, as empresas expositoras estimaron que a súa participación no Pavillón de España permitiría xerar un volume de negocio de 26,5 millóns de euros.
O Pavillón recibiu a máis de 13.000 visitantes presenciais, aos que se sumaron máis de 5.000 virtuais.
Acolleu máis de 70 actividades no set de conferencias, con relatoras de diferentes sectores que participaron en paneis, mesas redondas e reunións de networking, ademais de 60 entrevistas no set de podcast do Pavillón.
Por outra banda, entregouse por primeira vez o Premio Pavillón de España en MWC Barcelona, un galardón que cada ano destaca o labor dunha empresa expositora como motor da innovación e a transformación dixital en España, e que recaeu en Spika Tech pola “súa notable contribución ao valor público”.
MWC Barcelona, promovido por GSMA (Global Systems for Mobile Association), consolidouse como “o evento de referencia onde as principais empresas de alicerce dixital mostran as últimas innovacións relacionadas coa telefonía móbil e as comunicacións sen fíos, pero tamén con sectores tan innovadores como a intelixencia artificial, a realidade virtual e aumentada, a robótica ou todo tipo de software e hardware”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?