Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lingua e Xuventude reivindican a confluencia entre galego e tecnoloxías nos Premios Lingua de Namorar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lingua e Xuventude reivindican a confluencia entre galego e tecnoloxías nos Premios Lingua de Namorar

S. P.
Publicado: 16/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

251216_cltura_prmiadosnamorar-3.jpgO secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, recibiron este martes 16 de decembro ás persoas premiadas na décimo cuarta edición do certame Lingua de Namorar, organizado polos dous departamentos da Xunta co obxectivo, explicaron, “de promover o uso do galego entre as persoas mozas, ao tempo que se fomenta o talento literario e a creatividade ao redor das relacións persoais”.
Así, tal e como lembraron os representantes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, “con esta iniciativa de creación de mensaxes de amor en liña, tratamos de achegarnos á mocidade a través dun medio que domina e no que está moi presente, como é o eido dixital e, especialmente as redes sociais”. Deste xeito, a convocatoria, que se estendeu desde o 14 de febreiro ao 17 de marzo, dividiuse en tres categorías, dúas para a web, cun premio para as persoas de 14 a 19 anos e outro para o tramo de idade de 20 a 35, e unha exclusiva para a rede social Instagram, aberta aos mozos e mozas de 14 a 35 anos.
Durante a entrega dos agasallos, Valentín García e Lara Meneses fixeron fincapé en “que se trata dun certame no que as mensaxes gañadoras foron elixidas nun dobre proceso de selección no que participou tanto a sociedade en xeral como un xurado, involucrando así ao público usuario das redes coa proposta, conseguido máis alcance para darlle visibilidade ao galego e ao enxeño da nosa xuventude”.
251216_cltura_prmiadosnamorar-1.jpgNa categoría comprendida entre os 14 e 19 anos resultou gañadora Candela Fernández, de Vigo, cunha mensaxe titulada En ti. Neste caso, por deliberación do xurado quedaron desertos o segundo e terceiro premio. Doutra banda, na categoría de 20 a 35 anos as persoas distinguidas foron, en primeiro lugar, Saray Rodríguez, de Ourense, co escrito Ignis Amoris; seguida de Pablo Pardavila, da Pobra do Caramiñal, con Non hai máis pan na mesa, e de Sofía Muñiz, de Cambados, con Estado de transición. Pola súa parte, no apartado de Instagram foi recoñecida a mensaxe enviada por Jennifer Santabaya, de Dumbría, baixo a etiqueta #ti. Os textos completos poden lerse no portal de Xuventude.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?